Iniciar sesión: Acceso

2 DE ABRIL

Bo dia! 

Hoxe volvemos con gañas para traballar a linguaxe oral. 

Comezaremos cun un xogo de sopro, para iso déixovos o enlace a un vídeo de youtube no que se explica como facer un gusaniño co que poderemos facer carreiras de sopro. 

https://www.youtube.com/watch?v=masXI2h3qt0

Tamén vos deixo outro para traballar as praxias con minions. 

https://www.youtube.com/watch?v=YDqA1GJqz1s

Para adestrar a discriminación auditiva e aumentar o vocabulario sobre medios de transporte déixovos este outro vídeo. 

https://www.youtube.com/watch?v=yX2muaO9BEw  

Hoxe comezaremos coa articulación do fonema /d/, para iso adxúntovos un documento con algunhas pautas. Recordade levar a cabo estas actividades como se dun xogo se tratase. 

https://drive.google.com/open?id=1caPcUACQMnKTD4b74R3BEINzYmRzsKW7

Con respecto á lectoescritura  adxúntovos dúas actividades, unha moi simple para traballar a división de palabras en letras e sílabas. 

https://drive.google.com/open?id=1ie_-IG9m_sUdJuJ5CwmoMwbL31F-9Q6l

A outra é a continuación do noso taller de contos, hoxe contestaremos unhas preguntas que nos axudarán a darlle forma ao conto. Podedes tomarvos o tempo necesario para realizar esta actividade, non subirei máis contidos do taller de contos ata a vindeira semana. Una vez que teñades completada a plantilla podedes darlle forma de conto nun folio ou libreta, se queredes incluso podedes facerlle debuxos.  Este material pertence á paxina web: https://www.orientacionandujar.es/

https://drive.google.com/open?id=1jXRy164DM7QUgBV8z09Kmu5Os2oRzGaE

Un saúdo e moito ánimo. 

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais