Iniciar sesión: Acceso

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

A Orde do 7 de maio de 2024, (DOG do 20 de maio de 2024), recolle o procedemento polo que se levarán a cabo as solicitudes de axudas para libros e material escolar.

  Prazo de presentación das solicitudes e devolución dos libros para incorporación ó fondo solidario será ata o 21 de xuño (este incluído).

 Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro. (Se a presentación é por vía electrónica deben presentar unha solicitude por cada fillo).

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros , a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: Tamén poderán presentarse no centro.

 Documentación a achegar coa solicitude:

 Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

 Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2022, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

 Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 Certificado ou volante de convivencia.

 Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 Solicitude

 Formulario ED330B (anexo I - anexo II) para imprimir.

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais