Iniciar sesión: Acceso

Coñecemos os Muíños

Nos últimos días do segundo trimestre, o alumnado do Varela Buxán realizou dúas saídas do centro que serviron para introducirnos na temática do noso proxecto Coñecemos os Muíños.

O alumnado de EI e o primeiro ciclo de Educación Primaria desprazouse ata a parroquia de Prado (Lalín) para visitar e coñecer o funcionamento do Muíño de Cuíña, en funcionamento dende o 1918. Nel, o noso alumnado puido coñecer de primeira man o funcionamento dos muíños e da elaboración da fariña. 

O alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de EP tivo un viaxe un pouco máis longo. Neste caso desprazouse ata o Parque Natural do Monte Aloia, en Tui, para realizar parte da senda dos Muíños de Tripes. Neste lugar, a rapazada tivo a oportunidade de coñecer 15 muíños e desfrutar dun fermoso percorrido ao carón do río Tripes.

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais