Iniciar sesión: Acceso

Último día de traballo e despedida

Bueno, chegamos ao final. Hoxe é o último día de tarefas. Antes de continuar dicirvos que os vosos compañeiros me pediron que vos dixera que vos botan moito de menos, que teñen moitas ganas de vervos e que esperan que pasedes un bo verán.

 Remátovos de ensinar as actividades que me mandastes (peceiras e amuletos da sorte, liñas do tempo, pocemas e seres mitolóxicos…). Tedes todo aquí. Encantoume todo pero, especialmente, os traballos que fixestes dos seres mitolóxicos, as pocemas e os conxuros. E aprendín un montón cos obxectos de antes e o seu cambio a como son agora!

 Como non podía ser doutra maneira, imos rematar cun conto (esta actividade podédela facer con irmáns pequenos se tedes). O que escollín para hoxe é un moi moi curtiño e sinxeliño pero que a min me encanta porque permite traballar a creatividade. Titúlase: No es una caja! A medida que vai lendo o conto, podedes ir predicindo o que vai ser cada caixa antes de que o diga (a ver cantos adiviñades).

 

 Como este conto ten moitos signos de interrogación e exclamación, podedes practicar a entoación imitando á lectora.

 E agora... facede voar a vosa imaxinación: Se tedes algunha caixa pola casa, que seredes capaces de crear con ela?

 A miña proposta é que fagades unha unha cámara de fotos e creédes as vosas propias fotos debuxando os momentos que máis vos gustaron do curso (saídas, actividades, celebracións como o samaín ou o meco...) Queredes saber como facela? Entrade aquí  Cando a teñades, podedes crear unha historia oral ou escrita con todas as fotos (acordádevos dos principios e finais de contos que buscastes).

                                 

Finalmente, David fíxonos un vídeo despedida. Non sei vós pero eu, sen dúbida, botarei moito de menos as súas figuriñas. (Por certo, aquí tedes os elefantes da semana pasada). Hoxe, como non podemos ter festa, o profe fíxonos unhas palomitas e vainos a ensinar a construír unhas cuncas para comelas.

 

 

Familias, como non nos podemos despedir como é debido, non quería marcharme sen dicirvos unhas palabras, por iso vos escribín unha carta que podedes ler aquí. Simplemente darvos as GRACIAS, en maiúsculas, por o gran esforzo que fixestes, e todo o traballo que había detrás de cada actividade e de cada mensaxe. E a vós, nenos e nenas, NORABOA! Sodes uns campións, costou moito chegar ata aquí pero mereceu a pena. Xa sabedes que me vou a acordar un montón de vós. GRACIAS por este curso, ireivos facer unha visita o ano que ven.

Agardo que pasedes un bo verán e un vindeiro curso cheo de momentos bos.

Aquí vos deixo un listado de “deberes” para este verán

 

 

 

 

Unha aperta moi grande.

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais