Iniciar sesión: Acceso

Mércores 17 de xuño

Bos días rapazada!

Xa logo acabamos o noso repaso matemático a través desa enigmática frase. Agora xa sabedes cal é e supoño que tamén imaxinades cal é o autor... Aínda así hoxe comprobade cal é o seu segundo apelido: https://drive.google.com/file/d/1e8J1vXDMb4PAyoRIYnw4BboFBx4BAcYR/view?usp=sharing

Ademais, hoxe imos xogar con tres clases de palabras moi importantes. Sempre as clasificabamos nas horas de lectura. Trátase dos substantivos ou nomes, os adxectivos e os adverbios. Recordade que os substantivos designas a obxectos, sentimentos, pensamentos, persoas, animais (para saber se unha palabra é un substantivo o noso truco era preguntar se o podemos ter ou poñerlle un artigo diante (o, a, os, as). Os adxectivos falaban dos substantivos, dicían calidades dos nomes. Por último, os adverbios indícannos de que maneira actúa o verbo (anda lentamente) ou ben modifica o adxectivo (moi limpo). Así que veña, collede un dado e a xogar! https://drive.google.com/file/d/16R7ZeFQxQJi9aKfap_vZ9IV347To-mTY/view?usp=sharing . Aquí vos deixo as regras e as solucións tamén: https://drive.google.com/file/d/1ury2qdi13JJls2RHDZ4Um89ERU2I9eE8/view?usp=sharing

Moito ánimo! Ata mañá!

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais