Iniciar sesión: Acceso

Traballo para o martes 16 de xuño

Ola familias!

Antes de rematar o curso quero ensinarvos algunhas das actividades que me fostes mandando e que tiña pendentes de compartir. Sen dúbida, unha das que máis me gustou foi a dos monicreques. Un gran traballo por parte dos papás e de todos vós! Aquí vos deixo as creacións dos vosos compañeiros e a presentación de cada un:

 Chispa e Coque

 José Luis e Lula

 Maio e María

 Picapica

 Lobicán e Feroz

 Imos xogar ao quen é quen: 

  • A cal lle gusta bailar?

  • Que come Picapica?

  • Quen vive en Val?

  • Quen ten catro anos?

  • Que lle gusta ao monicreque José Luis?

  • Quen vive nunha cova?

  • A quen lle gusta que lle rasquen a barriga?

  • Quen ten un amigo que se chama Cotote?

Pregunta: como xogará a conexa María ao fútbol? A ver se me dades unha resposta creativa.

 

Repasade aquí, coas vosas fotos, o que era a simetría. Saberiades dicir cales son simétricos e cales asimétricos?

Xa, para irnos despedindo do curso, que vós parece se me contades os planes que tedes de cara a este verán. Ides ir a algún sitio de vacacións? Vades facer algo especial nas vosas casas? Tedes pensado visitar algún lugar ou facer algunha actividade? Podédesme escribirme un email (correo electrónico) para contarmo. Aqueles que o prefirades podédelo facer por carta e sacarlle foto.

Lémbrovos como se facían os correos aquí.  

Pasade un bo día!

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais