MARTES 16 DE XUÑO
Moi bo día!
Para hoxe propóñovos unha actividade de sopro que seguro vos vai gustar. Trátase dun dado. O único que tedes que facer é lanzar o dado e facer o que se vos indica, así de fácil e divertido. Este dado foi recollido do blog susanamaestradeal
https://drive.google.com/file/d/1RnBMReR1gu2dpoiD65Mfko9vMCYhrm5-/view?usp=sharing
Ademais hoxe vamos aprender a facer correctamente un novo fonema. Trátase do fonema /t/.
https://drive.google.com/file/d/1HJuUikLuiULMk4wP0l1He8JUAGe5CyU9/view?usp=sharing
Como a semana pasada estivemos vendo o fonema /k/ e esta no toca o fonema /t/ adxúntovos unha actividade para aprender a diferencialos. Consiste en marcar con unha pinza, unha ficha, un pompón ou calquera outro obxecto o son correcto. Esta actividade foi recollida do blog merakilogopedia
https://drive.google.com/file/d/1m2fArqN4Ga8f2A3lTw8U7_ELq2FTdjrr/view?usp=sharing
Finalmente tamén vos deixo unhas lectura moi sinxelas coas súas actividades.
https://drive.google.com/file/d/1N5ySSyLNFxhxfKdXSONxfCwxfBcelggT/view?usp=sharing
Se tedes dúbidas ou precisades poñervos en contacto comigo por calquera motivo podedes facelo a través do e-mail: alptcercio@gmail.com
Un saúdo e moito ánimo.