Iniciar sesión: Acceso

Traballo para o luns 15 de xuño

Bo día!

Non me podo crer que xa sexa último luns do curso. Non vos pasou voando?

Que tal este fin de semana? Fixestes algo diferente? Eu, como vos dixen, estiven cociñando, aínda que só me deu tempo a facer dúas das receitas que me enviastes (e estaban tan boas que incluso case me esquezo de facer a foto para ensinárvolas). Déixovos tanto a receita da pizza  como a do batido de amorodos que me pasaron Hugo, e Santi e Pedro, por se vos apetece a vós facelas tamén algún día (e a ver se me da tempo a facer algunha receita máis esta semana).

  

 

 

 

Receita do batido de amorodos de Santi e Pedro

Receita da pizza de Hugo

Ensínovos os traballos Shadows art, agora xa coñecedes unha nova técnica para debuxar.

 

Estes días teñen que ser diferentes, por iso non vos poñerei tarefas por materias como fixen ata o de agora, se non que cada día poñereivos un par de actividades integradas (a pesar de que non se corresponda coas asignaturas que tiñamos segundo o horario).

No que respecta a Snappet e ao libro de texto, a partir de hoxe déixovos abertas todas as actividades das tres materias na plataforma (lengua, lingua e matemáticas). Como non sei ata cando as ides ter dispoñibles,  ide repasando aquilo no que máis o precisedes ou no que prefirades. Tampouco vos poñerei actividades no libro de texto, podedes vós escoller ir facéndoas por orde ou ir facendo aquelas actividades que vimos ata o momento (verbos, uso do R, mp/mb, táboas, problemas, contas...). Segue sendo importante que practiquedes a lectura, as sumas e as restas diariamente.

 

A actividade para hoxe e ver e ler este conto que se titula “Gato Negro”. Vós sabedes que se di que os gatos negros traen mala sorte? Será un mito ou será verdade? Cruzástesvos algunha vez cun gato negro e logo pasouvos algo malo? Coñecedes algunha outra cousa que traia mala sorte?

Déixovos o vídeo e un arquivo co conto escrito (podedes ler hoxe un par de páxinas en alto e outras en silencio, e ir léndoo ao longo da semana durante os días que precisedes).

 

Gato Negro, el felino de la buena suerte (arquivo para ler)

(Por se o preferides aquí tedes un vídeo coas páxinas do conto para que vaiades lendo co audio https://www.youtube.com/watch?v=5usK76um6xM).

 

Como di a frase feita: é mellor previr que curar, por iso imos facer o noso amuleto da sorte para que, si algún día nos cruzamos cun gato, se nos rompe un espello ou pasamos por debaixo dunha escaleira, que non nos pase nada malo.

 Como a actividade que fixeramos con lá por Nadal vos gustara tanto, collede fíos, unha regra e unhas tesoiras porque o amuleto que vos propoño facer é unha pulseira de fío. Déixovos dúas opcións, a primeira é moito máis fácil ca segunda porque se usan menos fíos (aínda que nos dous casos probablemente necesitaredes axuda para que vos fagan os nós do comezo e do final). Podedes utilizar calquera obxecto pesado para suxeitala mentres a facedes, e podedes utilizar calquera tipo de fío. Se fostes capaces de facer o adorno de Nadal (que ao principio vos costara un montón), este seguro que o dades feito, pero lembrade que tedes que prestar moita atención e estar moi concentrados para que vos saia ben!

 Opción 1. Pulseira 2 cores moi fácil

 Opción 2. Trenza con máis de 3 fíos.

 

 Para practicar algo de vocabulario déixovos aquí un enlace a un xogo de pasapalabra que vos fixen.  Pasapalabra repaso de vocabulario e gramática de todo o curso Tédesvos que fixar ben las palabras que se escriben con maiñuscula, g/j, mb/mp... porque se non está ben escrita, non vola dará por ben.

Deixovos unha plantilla para creédes o voso propio pasapalabra e incluso poidades xogar con outra persoa.

 

Moitas gracias! Ata máñá!

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais