Iniciar sesión: Acceso

PSICOMOTRICIDADE (Luns 8 de Xuño) Clase de 5 anos

   Bos días, hoxe imos traballar un pouco o equilibrio. Para as actividades de hoxe ides precisar unha bolsa de plástico ou tela pequena e un puñado de arroz, area ou similar. Imos fabricar un saquiño caseiro, para elo collemos a bolsa e enchemola con arroz, area ou outro material similar e logo facémoslle un nudo ou dous para que quede ben cerrada e non se verta. Moito ánimo e a xogar!!!

·   Saquiños que conxelan. Obxectivos: Traballar os diferentes sentidos.

                                                             Adquirir el equilibrio corporal.

Para este xogo precisamos a axuda de alguén para que nos coloque de novo o saquiño. Colocaredes o saquiño na cabeza e camiñaredes polo espazo que dispoñades intentando que non vos caia o chan, se vos cae quedaredes conxelados na posición na que estades ata que alguén vos coloque de novo o saquiño para poder seguir caminando.

 

·  Zigzagueando. Obxectivos: Mellorar a coordinación corporal.

                                              Mellorar o equilibrio corporal.

Para este xogo seguimos precisando o saquiño e tamén unhas botellas de plástico ou botes. Faremos unha liña recta coas botellas ou botes, separados entre sí a unha distancia que nos permita pasar entre eles. Si tedes alguén con quen poder xogar podedes facer dúas filas e facer unha pequena carreira entre vós.

O xogo consisten en colocar o saquiño na cabeza e avanzar dun lado ao outro da fila sen que nos caia, si se cae volveremos a empezar no principio.

Variantes: colocar o saquiño na palma da man (tanto na dereita como na esquerda), colocalo nun ombro, agacharnos e levalo enriba da espalda… Si queredes podedes facer dous saquiños e levar cada un nunha man…

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais