Iniciar sesión: Acceso

Pedagoxía Terapéutica

MARTES 21 DE ABRIL

Moi bo día!

No día de hoxe faremos un pequeno repaso do sistema decimal (unidades, decenas, centenas), para iso déixovos un documento con un exercicio moi sinxelo. Espero que vos sexa útil. 

https://drive.google.com/open?id=1UL_YKpnWH2Avhn0Jwku21x5BCHUwGYgK

Un saúdo e moito ánimo. 

LUNS 20 DE ABRIL

Moi bo día!

No día de hoxe vouvos deixar por aquí varios documentos. Nun deles traballaremos os números ata o 60.

https://drive.google.com/open?id=1x7g9K7ftct2VUILuK2-2eeJqBK4wRyWf

 

VENRES 17 DE ABRIL

Moi bo día!

No día de hoxe vamos a traballar o cálculo e para iso déixovos uns documentos con diferentes niveis de operacións. Facede aquelas que máis se axusten ao voso nivel, non vos preocupedes se hai algunhas que non sabedes facer. 

https://drive.google.com/open?id=1lOHyDFpDnh1ywlemmNW95SFfMyoLVz7i

XOVES 16 DE ABRIL

Moi bo día!

Hoxe déixovos uns documentos con problemas de varios niveis. Non tedes que facelos todos, so aqueles que sexades capaces de facer coas cousas que xa sabedes. A través dos problemas traballaremos o razoamento e tamén o cálculo. 

https://drive.google.com/open?id=18wrcyNxEC2sd1fnDjJA5yglQZ6YQ-kz6

MÉRCORES 15 DE ABRIL

Moi bo día!

Hoxe faremos un breve repaso das unidades de as decenas. Para iso déixovos unha ficha moi simple. 

https://drive.google.com/open?id=17uTvUXT0QVkISFMh2EhUVBrN3WT7ZSvK

Una saúdo e moito ánimo. 

 

MARTES 14 ABRIL

Moi bo día!

Benvidos a un novo trimestre!  Espero que tivésedes unha boas vacacións, dentro do posible. 

Hoxe vamos comezar traballando a seriación e para iso déixovos un documento que provén da web de Orientación Andujar. Espero que vos resulte útil, non tedes porque facelas todas, escollede as que mellor se adapten ao voso nivel. 

VENRES 3 DE ABRIL

Bo día!

Hoxe propóñovos un listado de xogos para seguir practicando as mates de forma máis lúdica e amena. Espero que tanto a fin de semana como as vacacións do segundo trimestre as pasedes do mellor xeito posible. Recordarvos que xa vos deixei por aquí as plantillas dalgúns xogos de cálculo que podedes seguir empregando. Non esquezades que se recomenda que o uso das aplicacións electrónicas se realice baixo a supervisión dun adulto.

2 DE ABRIL

Bo día

Hoxe volvemos a repasar o cálculo pois é unha das claves para seguir mellorando. Por iso vos deixo unha fichas de operacións con diferentes niveis de complexidade.

2 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Moi bo día!

Hoxe 2 de abril conmemoramos o día mundial da concienciación sobre o autismo. 

No ano 2007 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas instaurou este día co obxectivo de poñer de relevo a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con trastorno de espectro autista (TEA). 

Cada ano se levan a cabo campañas para tentar acadar ese obxectivo. 

MÉRCORES 1 DE ABRIL

Bo día! Comezamos novo mes e espero que sigades con ánimo. 

Hoxe comezaremos traballando as series a través dun material recollido da páxina web https://www.orientacionandujar.es/ 

Distribuir contido

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais