Iniciar sesión: Acceso

Pedagoxía Terapéutica

MÉRCORES 6 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe volvemos a repasar o cálculo a través da realización de operacións. Recórdovos que nestes documentos que vos adxunto hai operacións de diferentes niveis, polo que haberá algunhas que vos resulten moi sinxelas e outras máis complicadas. Non tedes que facelas todas.  

MARTES 5 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe levaremos a cabo unha actividade para comprobar se sodes capaces de identificar un número seguindo unhas pequenas pistas. É moi, moi doado seguro que o facedes case cos ollos pechados. Este material pertence á paxina web Orientación Andujar.

LUNS 4 DE MAIO

Moi bo día!

Comezamos a semana con uns problemas de mates. Recordade que sempre vos poño problemas de diferentes niveis polo que igual non tedes que facelos todos. 

https://drive.google.com/open?id=1Vm8nd19BIUnqor42bxPKVQn2LNMAThi0

XOVES 30 DE ABRIL

Moi bo día!

Hoxe quero presentarvos unhas actividades que vos axudarán a traballar o razoamento. Non vos preocupedes se algunha vos resulta complexa ou no vos sae á primeira, so tedes que respirar fondo e volver a intentalo, igual cambiando a perspectiva o logrades. Espero que vos resulte entretido. 

MÉRCORES 29 DE ABRIL

Moi bo día!

Hoxe volvemos á carga co cálculo e para iso déixovos unhas fichas con operacións de diferentes niveis, por iso algunhas vos resultarán demasiado fáciles e outras difíciles, pero non vos preocupedes, facede aquelas que se adapten máis a vós. 

https://drive.google.com/open?id=1vHdUuXaJdxbLyKCVFT2F0k7TlbgDQWdb

MARTES 28 DE ABRIL

Moi bo día!

Hoxe faremos un repaso do sistema decimal (unidades, decenas e centenas). É importante dominar este tipo de actividades para que os aprendizaxes posteriores sexan máis doados. Adxúntovos un documento cunhas actividades sinxelas. 

https://drive.google.com/open?id=16gukTvsLdG5D7TTHmeOAu1yEkuU_pNQL

LUNS 27 DE ABRIL

Moi bo día!

Hoxe comezaremos facendo un pequeno repaso dos números do 60 ao 100. 

https://drive.google.com/open?id=1-5E7C0vI59fHPZdZbh92tsnpI8EuEARD

Tamén vos deixo unhas fichas con problemas de diferentes niveis. Recordade facer so aqueles que se adapten a vós. 

VENRES 24 DE ABRIL

Moi bo día!

Para que desfrutedes e desconectedes déixovos por aquí un vídeo coa explicación de dous xogos que podedes facer na casa.  Axudaranvos co cálculo e os números. É importante repasar pero tamén divertirse.  

https://www.youtube.com/watch?v=S0HrQ5NUPkk 

XOVES 23 DE ABRIL

Moi bo día!

Hoxe traballaremos o razoamento lóxico, para iso déixovos un documento que procede da páxina web de Orientación Andujar. Espero que vos resulte interesante e útil. 

MÉRCORES 22 DE ABRIL

Moi bo día!

Hoxe imos traballar o cálculo a través da realización de operacións. Como xa sabedes déixovos uns documentos con diferentes niveis de operacións, non tedes que facelas todas,  so aquelas que sexades capaces cos coñecementos que xa tedes. 

https://drive.google.com/open?id=1HYb_sWxm5MBsz6KiskhgIfwsBOng8l7F

Distribuir contido

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais