Iniciar sesión: Acceso

Audición e Linguaxe

MÉRCORES 6 DE MAIO

Moi bo día!

Un día máis propóñovos un vídeo para que poidades seguir practicando a ximnasia cerebral. Espero que os retos que vos propoñen sexan interesantes e vos resulten útiles. 

https://www.youtube.com/watch?v=nFS7hGpvnyc

MARTES 5 DE MAIO

Moi bo día!

Hoxe propóñovos unha actividade de sopro moi divertida. Consiste en facer flotar unha pelota. Déixovos un vídeo no que vos explicaran como fabricar o material para poder realizar este xogo. 

https://www.youtube.com/watch?v=Zc3gMWmxsHM

LUNS 4 DE MAIO

Moi bo día!

Comezamos o mes e a semana poñendo en marcha o noso cerebro, para iso déixovos un vídeo de ximnasia cerebral. Espero que vos guste. 

https://www.youtube.com/watch?v=8CwfcsdU2cw&t=28s

XOVES 30 DE ABRIL

Moi bo día!

Hoxe comezamos co sopro. A actividade que vos propoño hoxe é a de soprarlle a un muiño de vento. Algúns de vós seguro que tedes un muiño pola casa, para aqueles que non o teñades déixovos un vídeo no que se explica como se pode fabricar un de forma moi sinxela. 

https://www.youtube.com/watch?v=sO6PyoSECao 

MÉRCORES 29 DE ABRIL

Moi bo día!

Hoxe volvemos traballar a ximnasia cerebral, déixovos outro vídeo, espero que esteades a desfrutar deste tipo de actividades. 

https://www.youtube.com/watch?v=OAJjYOIu5fo 

Ademais déixovos unha lectura coas súas correspondentes preguntas de comprensión. 

VELOCIDADE LECTORA

Moi bo día!

Xa levamos unhas semanas traballando a velocidade lectora a través duns documentos que vou deixando por aquí. Quería recordarvos que debedes de seguir a orde das fichas pois están pensadas para ir aumentando a dificultade. Non esquezades que non debedes pasar á seguinte fase senón completastes con éxito a anterior. 

Vou deixar aquí todas as fichas que levamos ata o momento. Cada xoves subo unha nova. 

MARTES 28 DE ABRIL

Moi bo día!

Hoxe comezamos traballando o sopro, para iso vamos empregar unha palliña e pequenos anacos de papel. A actividade consiste en aspirar os papeis a través da palliña e poder trasladalos dun lado a outro. É un exercicio un tanto complexo, polo que non pasa nada se non vos sae. 

Adxúntovos un dado para realizar praxias. No caso de non poder imprimilo xa sabedes que o podedes fabricar de forma sinxela na casa. 

LUNS 27 DE ABRIL

Moi bo día!

Comezamos a semana con ganas e para iso nada mellor que un pouco de ximnasia cerebral. Espero que o vídeo de hoxe vos resulte útil e entretido. 

https://www.youtube.com/watch?v=cPO2T_3gdFk 

No que respecta á lectoescritura adxúntovos unhas actividades moi sinxelas con palabras. 

VENRES 24 DE ABRIL

Moi bo día!

Hoxe vamos xogar a facer carreiras de sopro. So necesitamos algún obxecto lixeiro (pelotiñas, pompón, anacos de papel...) e un lugar no que realizar a carreira (o chan, unha mesa, o sofá...).  Gañará a persoa que chegue antes co seu obxecto á meta. Pódese ir modificando o tipo de sopro. Primeiro facémolo cun so soprido, despois con pequenos sopros e incluso soprando polo nariz. Desfrutade do xogo. 

XOVES 23 DE ABRIL

Moi bo día!

Hoxe volvemos forte para traballar a ximnasia cerebral, déixovos un novo vídeo que espero vos guste. 

https://www.youtube.com/watch?v=RyKqsBDqmSs 

Distribuir contido

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais