Iniciar sesión: Acceso

Obradoiros con Anxo Fariña

Seguindo coa conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero, tivemos a visita de Anxo Fariña, o cal levou a cabo tres talleres; "A cidade violeta", dirixido para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, "Diversimostruos", dirixido ao alumnado de 2º, 3º, 4º de Educación Primaria e "Obradoiro de ilustración", dirixido ao alumnado de 1º de Educación Primaria e Educación Infantil.

O alumnado participou nestres talleres de xeito lúdico e dinámico interactuando en grupo e realizando diversas actividades.

 

                        

                        

Día internacional contra a violencia de xénero: 25 de Novembro

O 25 de Novembro celebrouse a conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero. Para deixar unha pegada no tempo de cara a concienciación por parte do alumnado levamos a cabo a creación dun lazo simbólico, onde cada neno nun lazo de cor lila escribeu unha frase ou palabras en contra da violencia de xénero.

                      

Cross Escolar Semana Verde (Silleda)

O venres 17 celebrouse no recinto feiral da Semana Verde de Silleda o Cross Escolar do Deza no que participamos dende terceiro ata sexto de primaria. Tivemos unha xornada de nervios, divertida e moi emocionante na que algúns dos nosos alumnos obtiveron unha boa clasificación. Noraboa!!

                      

SAMAÍN 2023

O 31 de Outubro celebramos o Samaín no colexio. O alumnado disfrutou dunha xornada lúdica con xogos e obradoiros terroríficos. Tamén decoramos o colexio terroríficamente, o alumnado pasou unha xornada moi divertida.

                        

                       

                       

                       

                       

CIBERSEGURIDADE E PERIGOS NA REDE

O 17 de Outubro o alumnado recibiu un obradoiro de Ciberseguridade e Perigos na rede impartido polo "Correo do vento" que a través dun ilustrador e un contacontos facendo ver ao alumnado sobre os perigos que se poden atopar na rede.

Obradoiro: "IGUALDADE REAL"

O 25 de Outubro levouse a cabo o obradoiro "Observadores da corresponsabilidade", promovido pola ANPA e dirixido para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e que estivo impartido por EDUVÍA. No obradoiro falouse dos estereotipos de xénero e como este molde artellado socialmente non é beneficioso para ningunha persoa. Espúxose como detectar micromachismos e formas que temos de romper co comportamento machista.

 

Obradoiro "Mulleres científicas"

O 5 de Outubro levouse a cabo o obradoiro "Ciéntificas galegas", promovido pola ANPA e dirixido para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e que estivo impartido por EDUVÍA. Unha animadora caracterizada de científica presentou de forma lúdica algunhas das científicas galegas máis destacadas (Ángeles Mariño, Ramona Vaamonde ou Begoña Vila Costa) dando exemplos dos seus respectivos logros nos campos nos que destacaron e amosándoas como referentes para as xeracións presentes e futuras, promovendo así a iguadade de oportunidades entre homes e mulleres na área científica e tecnolóxica.

Obradoiro "Contamos en igualdade" e "Cambiache o conto"

O 3 de Outubro levaronse a cabo os obradoiros "Contamos en igualdade" e "Cambiache o conto", os cales foron promovidos pola ANPA e dirixido para o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria e que estivo impartido por EDUVÍA. No obradoiro "Contamos en igualdade" a través de contos fíxose reflexionar ao alumnado sobre a igualdade, as diferenzas entre homes e mulleres, a integración, a cooperación, a corresponsabilidade...todo dun modo moi lúdico e divertido. 

E no obradoiro "Cambiache o conto" tratou sobre os esquemas sexistas, achegandolle historias para mostrarlles a diversidade entre as persoas.

              

 

      

LETTERING NA BIBLIO

Dende a Biblioteca do noso centro anímase ao alumnado a participar en obradoiros de "lettering" ou escritura creativa.

Nestes obradoiros os mestres e mestras son os alumnos e alumnas máis experimentados/as.

Quen sabe... ao mellor hai artistas entre nós!

Distribuir contido

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais