Iniciar sesión: Acceso

Audición e Linguaxe

MÉRCORES 3 DE XUÑO

Moi bo día!

Hoxe volvemos traballar a atención e percepción a través de fichas de diferentes niveis. 

https://drive.google.com/file/d/1Iizt2AIuHuJYuRtMNz80o2bpRMLulVL9/view?usp=sharing

MARTES 2 DE XUÑO

Moi bo día!

Hoxe propóñovos algo que de seguro vos vai gustar para traballar o sopro. Hoxe faremos pompas. Seguro que moit@s de vos xa tedes na casa un pompero, pero aqueles que non o tedes non vos preocupedes so necesitades auga, xabón de lavar a louza e un obxecto redondo co que soprar. Espero que o pasedes realmente ben.  

Déixovos por aquí un vídeo para facer praxias, espero que vos guste. 

LUNS 1 DE XUÑO

Moi bo día!

Comezamos a semana traballando a atención e a percepción. Para iso déixovos un documento con fichas de diferentes niveis. 

https://drive.google.com/file/d/17huLwmQUfzGBNjzh5vZLiNYJvV09_G9T/view?usp=sharing

VENRES 29 DE MAIO

Moi bo día! 

Déixovos por aquí unhas fichas, de diferentes niveis,  para traballar a atención. Espero que vos gusten. 

https://drive.google.com/file/d/1h8UdUDDJLaF6_NMi6eflRWnZZFi2ksJK/view?usp=sharing

XOVES 28 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe propóñovos traballar o sopro a través dun circuíto de obstáculos, podedes empregar calquera material que teñades pola casa. Unha vez que teñades o circuíto so tedes que escoller unha pelotiña, un pompón, etc, e soprar para tentar chegar á meta superando todos os obstáculos. Déixovos unha foto orientativa. 

MÉRCORES 27 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe para traballar a atención propóñovos unhas fichas nas que debedes buscar as diferenzas entre un conxuntos de formas. Estas fichas proceden da web de Orientación Andujar

MARTES 26 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe traballaremos o sopro a través dunha manualidade moi divertida. Déixovos un enlace a un vídeo para que vexades como se fai. 

https://drive.google.com/file/d/1b88EvEU3aY2mhQKjc0sRDiFiGfmkGT1h/view?usp=sharing

LUNS 25 DE MAIO

Moi bo día! 

Quero comezar a semana compartindo con vós un último vídeo de zentangle no que se mostran outros 24 patróns, espero que vos guste. 

https://www.youtube.com/watch?v=KhAuUualzf4 

Hoxe vamos seguir traballando con palabras e para iso déixovos un documento cunhas actividades. 

VENRES 22 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe venres quero deixarvos un novo vídeo de zentangle. A estas alturas seguro que xa sodes uns expert@s, aí van outros 24 patróns que podedes facer. Recordade que tamén podedes inventalos vós. 

https://www.youtube.com/watch?v=SW7-uVzhavs

XOVES 21 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe propóñovos unha nova actividade para seguir a practicar o sopro, tan importante para falar. Déixovos un vídeo no que se explica como podedes facer un dragón soprador. Recordade que non tedes por que facelo exactamente así, podedes adaptalo como mellor vos pareza. 

https://www.youtube.com/watch?v=OIst-1juaZo

Distribuir contido

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais