Club de convivencia

DÍA DA PAZ 2022

Enviado por admin o Lun, 31/01/2022 - 13:07

Día da Paz 2022: os e as representantes do Club de Convivencia compartiron co resto do cole un conto sobre @davidattenborough, naturalista, defensor dos dereitos dos animais e figura eixo do reto anual de Convivencia deste curso.

Tamén inauguramos "A casa dos bechos" no noso patio dentro do proxecto de @voznatura!

( categories: )

3° CLASIFICADOS NOS PREMIOS EDUCATIVOS INNOVAGAL

Enviado por admin o Lun, 17/01/2022 - 07:06

A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional ven de concedernos este galardón polo noso compromiso coa innovación educativa buscando así dar resposta as necesidades do noso alumnado. 

Neste caso en concreto premian o noso traballo no #obxectivo5dexuño . O mundo que queremos. Reto Cinto Verde. Onde o alumnado, a partir das propostas do Club de Convivencia, involucrouse activamente na reforestación dos Montes de Vigo, dando resposta a unha necesidade social. 

Parabéns a todas as persoas que o fixeron posible

.

( categories: )

SOMOS NOTICIA DE NOVO

Enviado por admin o Lun, 01/02/2021 - 14:00

Este ano volvemos ser noticia co novo Proxecto Cinto Verde #obxectivo5dexuño. Queremos conseguir 1000 árbores para plantar en Vigo. Queres saber máis? Descúbreo nas seguintes novas.

 

 

 

 

 

 

  

( categories: )
Distribuir contido