NOVAS DO CENTROEventos
Iniciar sesión |
DESCARGA DA APLICACIÓN ABALAR MÓBIL PARA FAMILIASEnviado por admin o Lun, 17/07/2023 - 07:31
Prezadas familias. Benvidos e benvidas a un novo curso no CEIP Valle-Inclán. Agardamos que gocedes do verán e destes meses antes de comezar o curso. Queremos informar de algo importante para a comunicación entre escola-familia: a aplicación de AbalarMóbil da Xunta de Galicia para as familias. Nesta páxina tedes a información, o manual de usuario, que tamén enviamos neste correo, e vídeos para a instalación e rexistro: En setembro comunicarémonos xa mediante esta aplicación, polo que é moi importante descargala. As familas de novo ingreso ata o 1 de setembro non se sincronizará cos datos da matrícula, polo que non vos aparecerá nada ata ese día. "AbalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Desta forma, van a poder consultar os posibles avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo. Unha vez enviada a mensaxe, os/as responsables, que estean subscritos as notificacións, recibirán os avisos nos seus dispositivos móbiles A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos. As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades:
Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que tén como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este." Agardamos vervos en setembro con moita ilusión. Feliz verán!
|