blogue deinfantil

Actividades do mes de decembro

No aulario de infantil empezou o mes de decembro marcado por un abano de actividades que incidiron directamente nas programacións didácticas deste trimestre: dende o paseo polo pobo que puxo fin ao Proxecto Betanzos para o alumnado de catro anos, ou pola conmemoración do tres de decembro como día das persoas con discapacidade na que participaron activamente todos os niveis, pasando por actuacións de grupos teatrais ofertadas polo Concello: Boabab teatro, Duende Sico, taller de xoguetoloxía ou as sesións de Planetario e exposición ubicado no edificio durande tres dias ata que rematamos co concerto didáctico do grupo Arcos Iris e a recepción dos Reis Magos de Oriente para recoller as cartas de todos os nenos e nenas.

ACTIVIDADES DO MES DE DECEMBRO

FELICITACION_NADAL

Proxecto arte Betanzos

PROXECTO ARTE BETANZOS

Magosto en E. Infantil

Seguindo a tradicción o Vales Villamarín celebra o Magosto coa colaboración desinteresada das familias. Grazas a todos por facer posible este tipo de actividades.

Preme na imaxe para ver o vídeo.

MAGOSTO EDUCACIÓN INFANTIL 2015

 

Samaín 2015 en Educación Infantil

" Para que as cousas sucedan primeiro hai que soñalas" .Co Samaín o noso soño empeza a realizarse. Despois de traballar na horta para conseguir as cabazas, iniciamos unha viaxe con Madelin e Virutas que nos ensinarán a cociñar con cores. Esta é soamente a primeira etapa que non sería posible sin a implicación de todos os membros da comunidade educativa. Continuamos co noso proxecto para este curso: "Sachar e cociñar, todo é empezar"

Preme nas imaxes para ver os vídeos

INDO PARA O SAMAÍN

SAMAÍN  2015 EN EDUCACIÓN INFANTIL

Pintando o muro con David

PINTANDO MURO DO PATIO CON DAVID

Estos dias realizouse na escola un proxecto para decorar o patio pequeno do aulario. A iniciativa xurde das ganas das mestras por darlle cor ao muro do patio no que os nenos saen a facer actividades de xardinería.

Desde o centro decidimos contactar con David, LER MÁIS

Clica na imaxe unha ou dúas veces para ver as fotos do proxecto. No vídeo, David rematando o mural. Descargar a presentación.

Contactar con David para realizar proxectos similares.

 

Visita ao Parque do Pasatempo 2015

VISITA AO PARQUE DO PASATEMPO

 Clica unha ou dúas veces na imaxe para ver as fotos. No seguiente enlace pódese descargar a presentación.

Visita a Marcelle 2015

VISITA A MARCELLE 2015

 

O alumnado de 6º de E. Infantil visitou Marcelle. Clica unha ou dúas veces na imaxe para ver as fotos. A presentación pódese descargar en formato zip.

Concerto de corda en E. Infantil

CONCERTO DIDÁCTICO 2015

 

O alumnado de Educación Infantil asistiu o concerto didáctico de violín, os concertistas: Sofía, Lola, Rocío e Gille, guiados por Bea, profesora do método Suzukiacompañados pola profesora Ana e o papá de Sofía.. Parabéns.

Clica unha ou dúas veces na imaxe para ver as fotos e no enlace para ver o vídeo.

CONVIVENCIA 2015 EN COIRÓS

Distribuir contido (C01 _th3me_)