2014-2015

QUEN LEVOU A LÚA

QUEN LEVOU A LÚA, segundo premio no certame "OUFF Escola" 2015! 

PARABÉNS AOS NOSOS ALUMNOS E PROFESORES!

Visita a noticia na páxina da Consellería aquí.

Tamén nos xornais: La Voz de Galicia, Diario de Arousa e Faro de Vigo.

Quen levou a lúa

A nosa curta QUEN LEVOU A LÚA  segue a darnos boas noticias:

O CEIP Torre-Illa asistirá á entrega de premios do VI Certame "OUFF Escola 2015" de Ourense, que se encadra no XX Festival Internacional de Cine de Ourense. A ceremonia terá lugar o luns día 16 de novembro no Auditorio de Ourense e alí se achegarán o alumnado e profesorado participante, acompañados da Concelleira de Educación da Illa de Arousa. O concello facilitará un autobús para o desprazamento ao Certame.

ESPERAMOS QUE TEÑAN MOITA SORTE!

 

Quen levou a lúa?

NÓS TAMÉN CREAMOS!

O noso centro foi galardoado co primeiro premio na modalidade de 1º e 2º de educación primaria pola curta de animación en galego realizada baixo a técnica stop-motion no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos!

Parabéns

para os nenos e nenas de 1º A que, xunto coa súa titora Fátima Crespo e os mestres Jacobo Aragunde, Carlos Abraira e María López, acadaron este excelente resultado que podedes ver no vídeo:

CONCURSO RECICLARTE

RECICLARTE 

Eres un artista co material de refugallo? Pois anímate a participar elaborando a túa obra de arte!

As obras deberán estar feitas con residuos correspondentes ao colector amarelo (envases de plástico, latas e briks) e envases do colector azul (envases de cartón e papel).

De entre todas as obras presentadas selecionaremos unha, que representará ao colexio no concurso da campaña Separemos ben, reciclaremos mellor de SOGAMA.

Cada alumno/a pode presentar só unha obra, individualmente ou en grupos (máximo 3 compoñentes).

TEDES DE PRAZO ATA O 25 DE FEBREIRO. ANIMÁDEVOS!!!

 

 

DÍA DA PAZ 2015

O xoves 5 de febreiro celebramos no colexio o

Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Cantamos Quérote máis do grupo O Sonoro Maxín e homenaxeamos aos gañadores do Premio Nobel da Paz de 2014 Malala Yousafzai e Kailash Satyarthi lendo algunhas das súas frases.

 

DÍA DO LIBRO (2014-2015)

Con motivo da celebración do Día do Libro, estamos a organizar no colexio distintas actividades, entre as que destacan as seguintes:

 

  • HORA DE LER: despois do éxito do curso pasado, dende setembro, e durante 20 minutos despois do recreo, no colexio non se escoita nada, estamos todos a ler!

 

  • VISITA DE IGNACIO VILARIÑO: o luns 20, o escritor, actor, contacontos, guionista... Ignacio Vilariño, autor do libro Fábula Galénica visitou aos nenos e nenas de Educación Primaria.

  • INTERCAMBIOS LECTORES ENTRE AULAS: o martes 21, un ou dous representantes de cada aula agasallarán cunha lectura aos compañeiros/as de cursos inferiores.

  • APADRIÑAMENTOS LECTORES: o mércores 22, os alumnos/as de 3º e 5º de Educación Primaria apadriñarán aos nenos/as de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria, respectivamente, aos que lerán individualmente un conto.

  • TEATRO PAN DE MILLO: o xoves 23 iremos ao Auditorio do concello para disfrutar en directo coas cancións da compañía de teatro Migallas e o seu espectáculo Merenda con Pan de millo.

 

  • KAMISHIBAI: O xoves 23 de abril contaremos coa visita do alumnado do IES Illa de Arousa, que organizará unha actividade de Kamishibai ("teatro de papel") para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

  • CARAPUCHIÑA VERMELLA: O venres 24, os alumnos de 1º B presentarán aos seus compañeiros de 1º A e 1º C unha adaptación do conto Carapuchiña Vermella.

  • VISITA DE LIBRIA: o venres 24, Libria, a mascota da nosa biblioteca, visitará aos nenos e nenas de Educación Infantil.


 

  • CONTACONTOS: o luns 27 de abril o contacontos galego Anxo Moure visitará ao alumnado de Educación Infantil co seu conto A xacia Luviñas.


 

  • MUSICONTOS: o luns 27 a Banda de Música de Vilagarcía visitará o centro para presentar o Musiconto "O príncipe Lino no reino de Azeleb"e recordarnos a importancia da reciclaxe.

Polos corredores do centro e nas aulas tamén quedarán pegadas da celebración deste día...

Powered by Drupal - Design by artinet