Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega

Rosalía de Castro

 

Se poemas de Rosalía queres escoitar,

ás crianzas do Torre-Illa ven mirar.

Percorrendo as rúas van recitar,

ata a casa do Concello que irán visitar.

A CHAVE PARA 6000 PRESOS

A CHAVE PARA 6000 PRESOS, premio ao mellor guión da categoría "Infantil ou Primaria" no VII Certame OUFF Escola celebrado polo Festival de Cine Internacional de Ourense.

PARABÉNS AOS NOSOS ALUMNOS E PROFESORES!

Visita a noticia na páxina do festival aquí.

Tamén na páxina da Consellería e nos xornais: Faro de Vigo, Faro de Vigo (edición Arousa), La Voz de Galicia e La Región.

A continuación poderás ver e gozar co noso documental...

 

 

 

Día de Rosalia 24 de febreiro

 

O 24 de febreiro celebrouse no centro o Día de Rosalía. Todos os cursos elaboraron tarxetas con ilustracións de poemas da nosa poetisa mais recoñecida para repartir nas súas casas. Así mesmo algúns cursos elaboraron murais sobre a súa vida e obra. Ademais, como non podía ser menos, en Radio Carcamán os nenos de 1º A e 1ºB fixeron programas de radio nos que recitaron poemas de Rosalía e fixeron un percorrido pola súa vida. Aquí mesmo os podedes escoitar.

http://srv0490.lcinternet.com:2197/ondemand/ceiptorr/PROGRAMAS%20CURSO%2...

http://srv0490.lcinternet.com:2197/ondemand/ceiptorr/PROGRAMAS%20CURSO%202015%20-%2016/1%C2%BAA%20MARZO%202016.mp3

As nenas e nenos de 4ºB convértense en cineastas!

 

O grupo de 4ºB coa axuda dos mestres Gonzalo Romero, Alicia Framiñan, María López e baixo a coordinación de Carlos Abraira, están a traballar na realización dunha película documental sobre a vida antes e despois da construción da ponte da Illa de Arousa.

Acolléronse ao programa de Innovación Educativa do Plan Proxecta da Conselleria, "Ti es creador" que pretende explorar as etapas do proceso creativo coa colaboración de artistas e autores recoñecidos e alfabetizar ao alumnado no linguaxe audiovisual.

Están desexando ensinarvos o resultado do traballo que están a realizar. Teredes mais noticias en breve!

QUEN LEVOU A LÚA

QUEN LEVOU A LÚA, segundo premio no certame "OUFF Escola" 2015! 

PARABÉNS AOS NOSOS ALUMNOS E PROFESORES!

Visita a noticia na páxina da Consellería aquí.

Tamén nos xornais: La Voz de Galicia, Diario de Arousa e Faro de Vigo.

Quen levou a lúa

A nosa curta QUEN LEVOU A LÚA  segue a darnos boas noticias:

O CEIP Torre-Illa asistirá á entrega de premios do VI Certame "OUFF Escola 2015" de Ourense, que se encadra no XX Festival Internacional de Cine de Ourense. A ceremonia terá lugar o luns día 16 de novembro no Auditorio de Ourense e alí se achegarán o alumnado e profesorado participante, acompañados da Concelleira de Educación da Illa de Arousa. O concello facilitará un autobús para o desprazamento ao Certame.

ESPERAMOS QUE TEÑAN MOITA SORTE!

 

Quen levou a lúa?

NÓS TAMÉN CREAMOS!

O noso centro foi galardoado co primeiro premio na modalidade de 1º e 2º de educación primaria pola curta de animación en galego realizada baixo a técnica stop-motion no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos!

Parabéns

para os nenos e nenas de 1º A que, xunto coa súa titora Fátima Crespo e os mestres Jacobo Aragunde, Carlos Abraira e María López, acadaron este excelente resultado que podedes ver no vídeo:

Powered by Drupal - Design by artinet