O noso centro participa no programa de innovación educativa CONTRATOS PROGRAMA INCLÚE para acadar o éxito educativo a través da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandono escolar temperán, o desenvolvemento da competencia social e mellorar o clima escolar de toda a comunidade educativa.
O alumnado de 2º primaria convidou a pai dun alumno a que lles ensinará o seu traballo, ferramentas...
2º ACTIVIDADE: xogo con pezas LEGO DUPLO para traballar a atención e memoria.
Pasos: 1. un/unha voluntario/a fai unha construcción. 2. En equipo, por quendas, irán pasando a ver a construcción e terán que transmitir o visto ao equipo.
3º ACTIVIDADE: LEGO EDUCATION "Primeiras máquinas" para traballar con engranaxes, rodas e eixes, pancas, poleas... Construímos unha buxaina, un debuxo máxico, unha troqueladora.
LEGO EDUCATION WEDO 2.0. Construímos e programamos unha eiruga, un muiño e un robot.
Os Clubs de Lectura de 6º de Primaria leerón no primeiro trimestre o libro "Plan de rescate" de Antía Yáñez que fomenta valores de amizade, compañerismo, traballo en equipo e amor.
Como remate de libro, todos/as xuntos/as, fixeron a seguinte actividade: