Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Primaria

CHARLA DIVULGATIVA DE EDUCACIÓN VIAL EN BIBLIOSOLANAS

BiblioSolanas acolle unha charla divulgativa dun membro da Garda Civil de Tráfico de O Porriño sobre seguridade vial.

O alumnado do 2º e 3º ciclo asiste para coñecer as medidas que garantan un bo funcionamento da circulación como peóns, pasaxeiros/as ou conductores/as.

Preme na imaxe.

PATIOS DINÁMICOS CON CORDA. Xaneiro 2024

XOGAMOS COA CORDA!

 XOGAMOS COA CORDA E O BALÓN!

A AULA DE 2º PRIMARIA MIDE UN ARGENTINOSAURUS NO PATIO.

O alumnado de 2º de primaria está a traballar as medidas na área de matemáticas. 

A profe Bel presentoulles un reto: cando ocuparía no patio un dinosaurio ARGENTINOSAURUS de 35 metros? 

SAÍDA CO PROGRAMA "COÑECE AS TÚAS INSTITUCIÓNS": 3º ciclo de Primaria

O obxectivo do programa Coñece as túas institucións, é que o alumnado poida coñecer de primeira man o funcionamento do Parlamento e da Xunta e comprenda a separación de poderes propia das democracias.

Convenio de colaboración asinado entre o Parlamento de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade  permite organizar visitas guiadas conxuntas ás sedes do poder lexislativo e do poder executivo galegos para o alumnado de 5º e 6º de educación primaria  de centros educativos de titularidade pública da Comunidade Autónoma.  

RADIO TREBOADA PRESENTA UN PROGRAMA COAS ACTIVIDADES DO 1º TRIMESTRE.

Presentamos o programa coas actividades feitas no 1º trimestre.

Preme na imaxe do logo de Radio Treboada para escoitalo.

BIBLIOTECA CREATIVA: 3º CICLO EN BIBLIOSOLANAS

O alumnado do 3º ciclo tivo diferentes sesións para traballar con LEGO e con placas makey makey:

  • O obxectivo de traballar con LEGO é "aprender facendo". Nesta actividade os nenos e nenos tiñan que construir animais seguindo os pasos dados nas instrucións.
  • As placas makey makey permite converter obxectos cotiás en paneis dixitais. Empregamos o grafito (da punta dos lápis) como conductor de electricidade en dúas actividades: un piano e nunha viñeta con diálogos.

Preme nas imaxes para ver o ben que o pasamos.

ANIMAIS CON LEGO EN 5º PRIMARIA ANIMAIS CON LEGO EN 6º PRIMARIA
 
 PLACAS MAKEY MAKEY 5º + 6º B PRIMARIA  PLACAS MAKEY MAKEY 6º A PRIMARIA
   

ALMORZOS SAUDABLES: 1º CICLO DE PRIMARIA

 

Co obxectivo de transmitir hábitos saudables de alimentación,

alumnado e profesorado do 1º ciclo de primaria tivo unha sesión

de exercicio físico no pavillón e un almorzo donde coñeceron

diferentes alimentos saudables para comeza

a mañá con enerxía para o seu corpo.

 

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

 

 

VISITA DE ENTRENADORES E XOGADORES DO ATLÉTICO GUARDÉS E O ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMAN

Durante dúas xornadas, o alumnado de Primaria tivo sesións para coñecer o Balonman.

Do Atlético Guardés visitounos Fabio Lima que é o coordinador da base.

Do Atlético Novás, estivo César Armán, coordinador da base e entrenador do primeiro equipo. Ademaís de Oriol Castellarnau, segundo entrenador do primeiro equipo. Acompañados por Miguel, xogador do primeiro equipo.

Moitas grazas a todos polas sesións compartidas. 

Preme para botar unha ollada ao ben co pasamos.

1º PRIMARIA 2º PRIMARIA
   
3º PRIMARIA 4º PRIMARIA
   
5º PRIMARIA 6º PRIMARIA

AUTOESTRADA DIXESTIVA: 6º A DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O alumnado de 6º A realiza o proxecto: construir unha autoestrada dixestiva.

Fixemos un modelo do tubo dixestivo en liña coas medidas reais; a boca mide 10cm, a farinxe, 13cm; o esófago, 25 cm; o intestino delgado, 625cm e o groso, 150 cm.

Preme na imaxe para ver o resultado final.

DÍA DA MÚSICA. SANTA ICIA: 22 de novembro

Santa Cecilia é o día da patrona dos músicos.

VISITA A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

O alumnado de 6º de primaria toca para

os cativos da gardería municipal.

 OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA

Cadros famosos evocan cancións ao noso alumnado de 6º primaria.

   
Distribuir contido


by Dr. Radut