@s alumn@s de 6º de primaria pecharon a súa estadía no noso colexio cunha acampada no "Camping Santa Tecla" onde disfrutaron da piscina, o campo de fútbol, o hinchable e a Sala de xogos.
Foi pouquiño tempo pero moi ben aproveitado!
Podedes premer na imaxe de abaixo para acceder a galería.
O mércores, 21 de xuño, tivo lugar no noso cole a II Convivencia CEIP As Solanas.
Nesta actividade os nen@s, por equipos heteroxéneos, realizaron todas as tarefas propostas nos distintos obradoiros, coa finalidade principal de convivir, axudándose tod@s mutuamente.
Foi unha mañá longa e traballosa pero moi gratificante.
@s alumnos de 6º de Educación Primaria acudiron, o mércores 14, ao IES A Sangriña para coñecer as súas instalacións e estar mais familiarizados con el cando, o próximo curso, se incorporen as súas aulas.
Alí visitaron os laboratorios, a biblioteca, os talleres e as zonas de recreo. Foron recibidos polo director e a vicedirectora e atendidos en todo momento pola orientadora do IES.
O venres, 8 de xuño, todo o alunado de Ed. Infantil e 1º de Ed. Primaria acudiron ao Centro Cultural para ver a película "Tiara e o sapo" nun cinema escolar ofertado polo Concello.