O venres, día 1 de decembro, celebramos no colexio o Día da Discapacidade co que tratamos de dar visibilidade ás problemáticas coas que se encontras as persoas que teñen algunha discapacidade no seu día a día.
Estamos a realizar no colexio o Obradoiro Proxecto Empatía realizado por Chelu e Patri da Asociación ARELA, co fin de concienciar ao alumnado sobre as desigualdades existentes entre homes e mullerer, e como estas se transmiten de xeito inconsciente ás novas xeracións. E que depende de nós cambiar iso!
Para conmemorar a repulsa á Marea Negra causada polo Prestige nas costas galegas hai 15 anos @s nen@s de 4º de Primaria elaboraron un mural titulado "Marea Branca" que presentaron no acto organizado polo Concello o domingo 19.