O colexio de Solanas vai participar no proxecto do xornal Faro de Vigo chamado "Faro da Escola" que consistirá na elaboración dun xornal propio por parte do alumnado, atendendo aos seus intereses e cumprindo con todos os parámetros dun xornal de verdade.
E para comezar con bo pé o martes, 14 de novembro, tivemos no colexio a visita do director de IT, Bruno Rodríguez, e dun fotógrafo, José Lores, para explicar en qué consiste a labor xornalística e cales son as cousas a ter en conta e cales os erros a evitar.
@s alumn@s de 5º e 6º de Ed. Primaria que acudiron a charla informativa quedaron emocionados e deseosos de comezar.
O martes, 7 de novembro, tivemos no centro a visita dun membro do GES da Guarda que informou aos nen@s das medidas a ter en conta no caso de que suceda dunha emerxencia. Cómo actuar e que cousas non se deben facer.
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Ed. Primaria participaron no Proxecto ríos. Acudiron ás Aceñas onde analizaron as augas do río Tamuxe, buscando os macroinvertebrados, para observar a calidade da auga.
O venres, día 27 de outubro, @s alumn@s de Ed. Infantil e 1º de Primaria tiveron, como cada ano a súa saída ao Montiño co fin de disfrutar do outono e as súas características.
Alí recolleron follas, fixeiron carreras... ata escoitaron música tradicional!
@s alumn@s de 5º de Ed. Primaria levaron a páctica unha didámica para traballar o concepto de equipo coas súa importancia de cara ao traballo colaborativo.