O 22 de marzo conmemoramos o Día da árbore e o Día da poesía.
O noso colexio fomenta a educación ambiental para que o noso alumnado tome conciencia ecolóxica; hábitos, habilidades e actitudes de coidado da nosa natureza.
A poesía é unha forma de expresión e identidade linguística da nosas linguas. Traballar cultura e outro dos nosos afondamentos coma centro.
Ademais dende os equipos de Educación Medioambiental e Biblioteca animan a toda a comunidade educativa a participar na iniciativa "Unha árbore, un poema...Un poema, unha árbore"
O día 21 de marzo conmemórase o Día da árbore e o Día da poesía. O alumnado de 6º de primaria fixo unha poesía para decorar as nosas novas árbores do patio de primaria.
A horta escolar é un aprendizaxe activo e cooperativo que desenvolve valores de conservación e mellora da contorna. Os nosos nenos e nenas aprenden hábitos de coidado e responsabilidade medioambiental.
O alumnado de educación infantil e o equipo medioambiental estiveron preparando a terra e semeando plantas, berzas, legumes...
O noso colexio ven de gañar o primeiro premio no concurso PILABOTS de recollida de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos.
As Solanas logrou recuperar 4.065 kgr. durante as seis semanas do concurso.
Este ano, por mor da situación sanitaria, a entrega de premios foi virtual. Asistirón a mestra coordinadora do proxecto e a directora do centro.
Queremos agradecer a toda a Comunidade Educativa a súa participación e compromiso a favor da reciclaxe.