Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

MESTRE COMPOSTEIRO EN EDUCACIÓN INFANTIL

O mestre composteiro Moncho estivo cos nenos e nenas de educación infantil para unha charla explicativa sobre como facer compos no colexio.

 

BOSQUE MUSICAL.4º PRIMARIA

Obradoiro do alumnado de 4º primaria para creación de instrumentos musicais con materiais da natureza. Como crear música con restos das árbores e materiais de refugallo.

PROXECTO FÓRA PLÁSTICOS

Proxecto iniciativa do CEE San Xeróme con otros centros do Baixo Miño: CEIP Pintor Antonio Fernández (Goian), CIP Manuel Suárez Marquier (O Rosal), CEIP Manuel Rodríguez Sinde (A Guarda), Colexio San José (A Guarda), CEIP A Sangriña (A Guarda) e Colexio PP Somascos (A Guarda).

O noso centro fixo unha recollida de microplásticos co alumnado de educación infantil na Praia de Fedorento e o profe Jorge creou unha obra coa recollida.

COIDADO DA HORTA POLO ALUMNADO DE 5º PRIMARIA

O alumnado de 5º primaria colaborou no mantemento da horta con limpeza de malas herbas e rega. Moi bo traballo!

 

GALIÑEIRO DE SOLANAS

 

Estamos a crear laboratorios vivos nos que os nosos alumnos/as poden desenvolver novas capacidades, partindo dos seus intereses e potenciando o traballo interdisciplinar.

Aquí tedes o noso novo galiñeiro:

 

 

 

 

PLANTACIÓN E REGA DA HORTA POLO ALUMNADO DE 5º PRIMARIA

O alumnado de 5º de primaria tivo plantación e rega da horta escolar.

 

CASIÑAS DE PAXAROS

Estamos a crear laboratorios vivos nos que os nosos alumnos/as poden desenvolver novas capacidades, partindo dos seus intereses e potenciando o traballo interdisciplinar.

Aquí tedes as nosas novas casiñas de páxaros na zona do patio sensorial. Esta actividade foi un traballo colaborativo entre diferentes clases:

 

 

 

FORMIGUEIROS. ECOSISTEMAS TERRESTRES

Estamos a crear laboratorios vivos nos que os nosos alumnos/as poden desenvolver novas capacidades, partindo dos seus intereses e potenciando o traballo interdisciplinar.

Aquí tedes os nosos primeiros formigueiros en primaria.

COIDADO DA HORTA ESCOLAR POLO ALUMNADO DE 3 ANOS

Os nenos e nenas de 4º de educación infantil estiveron regando, limpando e plantando na nosa horta escolar. Fixeron moi bo traballo.

DÍA DA POESÍA E DÍA DA ÁRBORE: 22 de marzo

Para festexar este día, creamos unha exposición "Bosque de coidado de criaturas máxicas" nun corredor do edificio de primaria.

Cada aula fixo a decoración dunha árbore e dunha criatura máxica: dragóns, unicornios, centauro, trols, fluffy, araña acromantula, hipogrifo e xigante. Cada criatura máxica era o protagonista dunha poesía.

 

 


by Dr. Radut