Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

PLANTACIÓN NA HORTA DOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS

O alumnado de 6º de educación infantil estrea a nova horta escolar:

* Coa plantación de hortalizas e legumes, tanto no invernadoiro coma nos bancais exteriores.

* Instalación nas árbores de comedoiros naturais para páxaros.

* Colocación de bandeira e espantapáxaros pirata feito na súa clase.

 

INVERNADOIRO SOLANAS 2022

O invernadoiro é un proxecto moi desexado por toda a Comunidade Educativa do noso colexio.

Despois de moitos anos coa idea por fin podemos ampliar a na nosa horta escolar con máis bancais. Ademais que ao ter un lugar pechado vai permitir o cultivo de plantas ao longo de todo o ano.

Grazas ao alumnado de 6º de primaria polo seu esforzo en mellorar o colexio.

Grazas a Miguel conserxe e ao profe Jorge pola súa implicación total no proxecto.

Nuns meses esperamos ter unha boa colleita.Sorriso

RECOLLIDA DE PILAS

ACTO PILABOTS

A Conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia acudiú ao noso colexio para lanzar a terceira edición da campaña escolar de reciclaxe Pilabots.

No curso 2020-2021, Solanas gañou o primeiro premio ao recuperar máis de 4 toneladas de pilas grazas ao esforzo de toda a comunidade educativa.

Volveremos a participar nesta iniciativa este curso escolar.

Animádevos a reciclar con nós!

SAÍDA 25 ANIVERSARIO DE VOZ NATURA

A 25ª edición de Voz Natura arrancou con dous colexios de A Guarda: CEIP Sangriña e CEIP Solanas.

O programa de educación medioambiental conmemora o seu 25 aniversario e convidaronnos a participar no primeiros dos cinco tramos do Camiño Portugués pola costa.

 

Este é o enlace que publicou o periódico a Voz de Galicia coa nosa actividade

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2021/10/16/dos-colegios-guarda-lanzan-25-edicion-programa-voz-natura/0003_202110V16C7991.htm?fbclid=IwAR1_ilvm-HV083BE9u7J1jmHLeQqR6Nh9BxvWDf8bn2wNH88JuvpoWlWDCI

MAQUETAS CÉLULAS.6º PRIMARIA

O alumnado de 6º primaria, dentro da materia de ciencias naturais, fixo unhas creativas maquetas de células. Aquí tedes o seu traballo:

 

DESCUBRIMOS VOLCÁNS

O domingo 19 de setembro declaróuse unha erupción volcánica en "Cumbre Vieja" na illa de A Palma.

Durante esta semana nas sesións de ciencias, o alumnado de 6º primaria, fixo investigacións sobre curiosidades dos volcáns; por que se forman, partes, cal é o maís grande, cantos hai activos, zonas volcánicas en España...

Ademáis recrearon maquetas de volcáns en explosión.

Xa podedes ver a súa exposición na entrada do colexio.

 

PROXECTO DÍA DO MEDIOAMBIENTE 4º PRIMARIA 2021

Polo Día do Medio Ambiente o alumnado de 4º primaria fixo un proxecto cunha serie de actividades:

  • Plantación de árbores.
  • Creación de obxectos con materias de refugallo.

O resultado:

 

UNHA CHARCA NO PATIO SENSORIAL

O equipo medioambiental do colexio está creando un novo ecosistema: unha charca.

Dentro de pouco terá algún inquilino.

 



by Dr. Radut