Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2024

PERCORRENDO A VILA DE A GUARDA

CON LUÍSA VILLALTA; LETRAS GALEGAS 2024.

Este ano a homenaxeada no día das letras galegas é a escritora, filósofa e violinista, Luísa Villalta.

Para festexar este día, o alumnado do CEIP Manuel Rodríguez SindeCEIP Plurilingüe As Solanas e o CEIP A Sangriña, realizaremos un percorrido polas rúas da Vila para divulgar a súa poesía e biografía, actividade organizada polo  Equipo de dinamización da lingua.

Estes serán os horarios e os lugares da Vila onde nos poderedes atopar. Encantaranos que nos veñades ver:

NOVAS DATAS

DÍA

ALUMNADO HORARIO LUGAR DO RECITAL

MARTES

21 DE MAIO

5 ANOS+5ºPRIM. 12:00-13:10 PRAZA AVELINO VICENTE
2ºPRIM.+6ºA PRAZA ABASTOS
1º PRIM.+3ºPRIM.  CONCELLO DE A GUARDA 

XOVES

23 DE MAIO

 

3ANOS+4ºPRIM. 09:50-10:40

PRAZA AVELINO VICENTE+

PRAZA DE ABASTOS

4 ANOS+6º B

CONCELLO DE A GUARDA

ACTIVIDADES NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2024

Durante a Semana das Letras Galegas o equipo de Dinamización propuxo unha serie de actividades as aulas: pintado da careta de Luisa Villalta, grabación duns poemas da autora, dossier para coñecer a vida de Villalta...

Ademáis o xoves 16 tivemos a xa tradicional chocolatada do ANPA Os Muiños.

VÍDEO ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS

Preme no enlace anterior para ver e escoitar ao noso alumnado homenaxeando a Luísa Villalta.

VÍDEO CHOCOLATADADO ANPA 2024

Moitas grazas a María, Maricruz,Mari, Ofelia, Gene e Marcos.

 

30 DE MAIO:

O 30 de maio en BiblioSolanas invitannos a...

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE BIBLIOSOLANAS

BiblioSolanas convoca o seu V certame de fotografía.

Este curso o proxecto da bilbioteca é "UN LÍO DE XOGOS" por elo vos pedimos unha FOTO XOGANDO en FAMILIA ao que queirades. Pode ser de exterior, de mesa,... 

Tedes que mandar a imaxe a: bibliosolanas@gmail.com  poñendo no asunto o nome do alumno/a.

Haberá un premio por aula.

Animádevos!

 

Exporemos as fotos nos corchos das entradas.

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 2024

Fondo solidario de libros de texto(3ºe 4º EP): o pode solicitar todo o alumnado destes cursos; os libros dispoñibles repártense entre os admitidos por orde inversa á renda per cápita, ata que se esgoten. En todo caso recibirán: 6 libros (renda per cápita igual ou inferior a 6.000€) ou 4 libros (renda per cápita igual ou inferior a 10.000€).

Axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º de EP); vale por 240€ (renda per cápita igual ou inferior a 6.000€) ou vale por 160€ (renda per cápita igual ou inferior a 10.000€).

Axudas para adquirir material escolar (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de EP); vale por 75€ (renda per cápita igual ou inferior a 6.000€) ou vale por 60€(renda per cápita igual ou inferior a 10.000€).

Os cursos 5º e 6º EP son Edixgal todo o alumnado terá libros do fondo do colexio.

 

O procedemento de presentación da solicitude pode ser:

 

  • Presencial: Presentación da solicitude no centro cuberta de xeito manual. No colexio temos os impresos para a solicitude, que unha vez cubertos deben presentarse na secretaría do centro.

  • Por vía electrónica: Acceso dos cidadáns á aplicación Fondolibros para elaborar a solicitude (https://edu.xunta.es/fondolibros) ou a través da sede electrónica de Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 

Documentos que hai que presentar:

  • Solicitude cumprimentada (única para todos os fillos/as)

  • Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

  • En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

  • No caso de violencia de xénero: documentación xustificativa.

Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2022.

 

O prazo de presentación da solicitude, xunto con toda a documentación, é do 21 de maio de 2024 ata o 21 de xuño de 2024.

 

Calquera outra dúbida poden consultala na secretaría do colexio (teléfono 886110075) ou no portal educativo da Consellería de Educación: http://www.edu.xunta.gal/portal/

 

 

TERTULIA LITERARIA CON FINA CASALDERREY: Club de lectura Salitre

O noso Club de Lectura Salitre para adultos asistíu ao encontro de Clubs de Lectura do Baixo Miño para un encontro literario coa autora Fina Casalderrey.

VEXO VEO XACOBEO 2024: "O camiño con Trobador e Burlón"

Programa educativo da Consellería de Educación para achegar ao alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e  traballar conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural.

Nesta nova edición visitan o noso colexio cun contacontos "O camiño con Trobador e Burlón".

Preme nas imaxes para ver o vídeo.

SEMANA DA DIVERSIDADE AFECTIVO SEXUAL:17 de maio "Dia Internacional contra a homofobía"

O alumnado pinta calcapapeis coa bandeira LGTBI.

 



by Dr. Radut