Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

DÍA DA LINGUA MATERNA 2024: 21 de febreiro

O Día da Lingua Materna conmemora o uso das linguas: falalas, escribilas, escoitalas, cantalas, observalas, sentilas...

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxonos facer un muro coas palabras fermosas do galego.

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2024: 23 de febreiro

O 24 febreiro recordamos a vida e obra da escritora galega Rosalía de Castro.

O equipo de Dinamización da Lingua Galega creou un encrucillado para cubrir entre todos os cursos: CANTO SABES DE ROSALÍA?

 

 

BÚSQUEDA DE CARACOIS. EDUCACIÓN INFANTIL

PATIOS DINÁMICOS: FEBREIRO 2024

No patio de primaria, na hora do recreo dos mércores, xogamos a...

Preme nas imaxes para ver o ben que o pasamos coas propostas do equipo de Patios Dinámicos.

SAÍDA A SEDE CRUZ VERMELLA E TEATRO AFUNDACIÓN DE VIGO

O alumnado do 2º ciclo de Educación Primaria realiza unha saída a cidade de Vigo para visitar a sede de Cruz Vermella e asistir, no teatro AFundación, a obra "Hugo" que fala de empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza da diferencia, porque ser diferentes fainos grandes.

PRESENTACIÓN DA INVESTIGACIÓN DO PDI "UN LIO DE XOGOS" EN BIBLIOSOLANAS

En BiblioSolanas temos como proxecto documental integrado "Un lio de xogos". Hoxe tivemos a presentación da fase de investigación. 

Preme nas imaxes para coñecer un pouco máis...

VIDEO DA PRESENTACIÓN ENTREGA DAS CAIXAS PARA INVESTIGAR

 

SEMANA DA PRENSA EN BIBLIOSOLANAS: do 4 ao 8 de marzo

Dende o equipo de BiblioSolanas presentan ao noso alumnado esta actividade para participar na Semana da Prensa.

 

PREME PARA VER OS NOSOS TRABALLOS

DÍA DA MULLER: 8 DE MARZO

CHARLAS FORMATIVAS/INFORMATIVAS DO PLAN DIRECTOR

Actividade promovida polo equipo de Convivencia e Benestar escolar.

O Plan Director son charlas formativas/informativas para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos destinadas ao alumnado sobre diferentes temáticas.

Neste día da muller acompaña ao alumnado de primaria unha axente da Garda Civil para falar sobre "Acoso e ciberacoso" e "Igualdade".

"APRENDENDO COAS MULLERES GALEGAS"

Actividade promovida polo equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Durante esta semana o alumnado de 6º de educación primaria estivo pescudando información sobre unha muller galega para despois realizar unha animación a través da aplicación Chatterpix Kids, coa que gravaron as súas voces contando os aspectos máis importantes da biografía da cada muller.

Como resultado final realizaron un libro onde o resto do alumnado do colexio escaneou os códigos QR, reproducíndose así na tablet un vídeo con toda a información sobre cada unha das mulleres.

 
 
 

 

 

 

Celebramos o 8-M en 3º de Primaria

         
   
     


by Dr. Radut