ALUMNADO DE 4º E 6º PRIMARIA
- Todo o alumnado de 4º primaria no curso 2022-2023 terá 6 libros do fondo solidario do centro: matemáticas, lingua, lengua, inglés, sociais e naturais.
As familias só terán que comprar o caderno de inglés.
-
Todo o alumnado de 6º primaria no curso 2022-2023 terá 6 libros do fondo solidario do centro: matemáticas, lingua, lengua, inglés, sociais e naturais.
As familias só terán que comprar os cadernos (consultar listaxe de libros de texto na páxina web do colexio).
ALUMNADO DE 3º E 5º PRIMARIA
As familias de 3º e 5º de primaria no curso 2022-2023 poden consultar as listaxes definitivas de dúas formas:
1º. Poden consultar as listaxes coas iniciais do nome e apelidos dos seus fillos e fillas (na publicación da noticia ver 1 adxunto).
2º. Poden consultar o reparto a través da aplicación da Consellería “Fondolibros” https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ entrando coa chave 365 da persoa solicitante ou certificado dixital, accedendo á aplicación no menú “cidadán”.
_ Os libros que non aparecen nas listaxes serán mercados polas familias.
OS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SERÁN ENTREGADOS A PRINCIPIO DE SETEMBRO. ENVIAREMOS UNHA MENSAXE POR ABALARMÓVIL COAS DATAS.