Coñece as túas institucións é un programa da Consellería que ten como obxectivo que o alumnado poida coñecer de primeira man o funcionamento do Parlamento e da Xunta de Galicia. Son visitas guiadas conxuntas ás sedes do poder lexislativo e do poder executivo galegos para o alumnado de 5º e 6º de educación primaria.
Ademáis aproveitamos para coñecer a Cidade da Cultura.
Con motivo da celebración do Ano Santo Xacobeo participamos nun programa educativo multidisciplinar para achegar ao alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e do Xacobeo e traballar, dende as primeiras etapas, estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural.
Contribuír a que o alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria coñeza o patrimonio cultural, literario e lingüístico vinculado ao tramo do Camiño de Santiago no que se empraza o seu centro educativo.
UNHA SOA TERRA! Aquí estamos de novo, os treboeirxs, con novo programa de radio! Desta vez, adicado ao Día Mundial do Medio Ambiente! Se cabe, máis importante ca nunca, debemos conciernarnos! Coidar o planeta!
O noso fogar! A Terra! Adiante programa!! PD.: Dalle ao "play".
O alumnado de 3º e 4º primaria tivo unha visita guiada polo Monte Santa Trega; roteiros, Citania, poboado de Mergelina, Ermita de Santa Trega, MASAT... foi unha xornada moi divertida. Aquí podedes ver a nosa experiencia:
Un dos premios do Concurso de Potcads que gañou o grupo de 4º de primaria era visitar unha radio "de verdade" e hoxe os nenos e nenas fixeron realidade o seu soño de futur@s locutor@s.
En Radio Nacional de España 5, na súa delegación de Vigo, foron moi amables e pacientes cos nosos cativos.
Fomos xunto co grupo de 5º de primaria do colexio Sinde que tamén foron gañadores no mesmo concurso.
Estamos de noraboa! O equipo de 4ºA, que leva a redacción de Radio Treboada, foi un dos gañadores do IV Concurso de Podcasts- Radio na biblio! Un podcast ambientado nun videoxogo e a través do cal os nenxs narran algúns aspectos biográficos de Florencio Manuel Delgado Gurriarán, homenaxeado das Letras Galegas deste ano 2022. Moitas grazas a todxs os mestrxs que participaron! Noraboa equipo! E... a seguir así!
O equipo de concursos convocou como cada ano o Concurso de Fotografía de Solanas. Asociado co Proxecto de Biblioteca "O mundo máxico de harry Potter", propuxeron crear un ANIMAL FANTÁSTICO (mascota, peluche, xoguete...), facer unha foto e enviala.