Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

SAÍDA A FEDORENTO. EDUCACIÓN INFANTIL

Traballo de Ciencias: Maquetas de células vexetais e animais.

     
  O alumnado de 6º de primaria elaborou, dentro da materia de Ciencias Naturais, maquetas das células  animais e vexetais.  
     

Ciencias Naturais: Elaboración dun Planetario (5º Ed. Primaria)

     
  Os nen@s de 5º de Primaria, coa axuda do mestre Jorge, elaboraron  entre todos un Planetario e este foi o resultado.  
     

Experimentos de ciencias: Cultiva Bacterias e Qué come un mofo? (6º Primaria)

     
  @s nen@s de 6º van cultivar bacterias e ver qué comen os mofos. Así é como comezan os seus experimentos.  
     
     

Aula Libera: recollida de plásticos

     
  O alumnado de 5º e de 6º de Ed. Primaria, dentro do Proxecto Aula Libera, acudiron a limpar a nosa costa de plásticos nunha iniciativa que busca concienciar sobre a necesidade de coidar e non ensuciar a nosa costa e as nosas praias.  
   

 
     

XORNADA DE CONVIVENCIA COA ESCOLA UNITARIA DE A GÁNDARA

     
  No día de hoxe tivemos unha xornada de convivencia cos nenos/as da unitaria de A Gándara, charlamos na Asamblea, compartimos xogos e diversión, fixemos un Tucán e aprendimos moitas cousas novas, pero sobre todo compartimos experiencias...  
   
     

Solanas colabora con: A Guarda escrita nas estrelas

      
 

O alumnado de Primaria acudiu ao dique do porto da Guarda para colaborar co mural "A Guarda escrita nas estrelas" Cada neno nen@ pintou unhas estrelas no mesmo e aprendou a pintar con spray.

Ademais descubriron o nome e o significado de cada un dos elementos alí pintados.

Foron unhas horas moi productivas!

 
   

 
     

EXCURSIÓN Á GRANXA DE VACAS. EDUCACIÓN INFANTIL

Visita ás novas instalacións do Concello

     
  O alumnado de 5º e 6 de Ed. Primaria acudiron á Casa Consistorial para coñecer as novas instalacións. Alí foron moi ben atendidos por Manuel, que lles explicou con coidado para qué se emprega cada espazo, ademais de ser recibidos polo alcalde!  
   

 
     

Inauguración da Biblioteca

     
 

Despois de moitas horas de duro traballo, a nosa biblioteca xa foi inaugurada!

Queremos mostrarvos o resultado e convidarvos a tod@s a acudir c@s vos@s fill@s a coñecela no horario de préstamo das tardes. Recordamos que é os luns, mércores, xoves e venres de 15:30 a 17:30. Podedes acceder ao seu blog premendo na imaxe e ver o seu vídeo promocional.

Blogue Bibliosolanas

 
     


by Dr. Radut