Os alumnos de 6º de Primaria abriron a súa persoal Cápsula do tempo. Esta fora enterrada cando eles comenzaron a etapa de Primaria e agora a abriron para ver as cousas que eran tan importantes para eles, seis anos atrás.
O venres 4 de maio, tivo lugar no colexio a nosa III Feria do libro de Solanas. Nela os nenos e nenas intercambiaron os libros xa lidos e que non querían por outros que desexaban.
O alumnado de 2º de Primaria acudiu, xunto coa súa titora, a ver as instalacións da depuradora de augas residuais do noso concello. Alí foron ben recibid@s e a visita resultou moi instructiva.
O pasado mércores, 10 de maio, alumnado de 5º e 6º deEd. Primaria foron visitar as instalacións da Xunta de San Caetano, en Santiago. E o Parlamento de Galicia onde lles explicaron o seu funcionamento e onde poideron presenciar, tamén, un anaquiño da Sesión Parlamentaria que se estaba a desenvolver neses intres. Para rematar o día fomos almorzar nas inmediacións da Cidade da Cultura.
O venres, 11 de maio, o alumnado de 5º participou nunha actividade levada a cabo polo Departamento de Orientación, chamada "mundo de cores". Tratábase de facer conscientes aos alumnos e alumnas da importancia de axudarse e de acoller aos que son diferentes porque nos poden aportar cousas novas. Esta actividade ó programa"CA-AC" (Cooperar para aprender, aprender para cooperar) da Universidade de Vic.