Skip to Content

COMEZO CURSO 2014-15

10/09/2014 09:15
Europe/Madrid

Mércores 10 de setembro, 9´15h

Rapaces, familias, mestres e toda a comunidade educativa comezamos o novo curso 2014-15 xuntos no patio cuberto de primaria compartindo un breve saúdo.

A entrada na escola é un momento importante na vida dos nenos e nenas. O mércores, primeiro día, facede as cousas con tempo, que non haxa que saír ás presas.

Se o neno ou nena, está excitado, chora e non quere entrar, primeiro debes tranquilizarte ti e esperar a que se calme. Ao deixalo na escola non o enganes, non lle digas que te quedas alí. A mestra é unha persoa con experiencia en nenos da súa idade e a clase está preparada.

Ao voltar a casa amosa interés polo que fixo, pero sen insistir se el ou ela, non quere falar dese tema.

 

 

MÉRCORES 10 de setembro, 9'15 h.



event | by Dr. Radut