Skip to Content

MENSAXERÍA Abalar

Abalar móbil da Xunta é unha aplicación para descargar no móbil, ou tablet, que nos permitirá manter informadas ás familias, dun xeito cómodo, eficaz e gratuíto.

 

AXUDA para REXISTRARSE na APLICACIÓN:

 

A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Google Play Store (se o sistema operativo é Android). 
 
 
 
As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 
•Acceder aos datos persoais
•Consultar as cualificacións
•Consultar e xustificar as faltas de asistencia
•Consultar as faltas de conduta
•Solicitar unha cita de titoría
•Consultar os datos do centro educativo
•Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
•Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
•Modificar o idioma da aplicación
•Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que tén como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este.

 



page | by Dr. Radut