Skip to Content

INICIO DO CURSO 2020 -2021. BENVIDA

Estimadas familias: 

Un ano máis dámosvos a benvida a este novo curso escolar. Sabemos que vai ser un ano diferente e a pesar da incertidume que todos podamos ter, queremos transmitirvos que desde o colexio estamos facendo todo o que está nas nosas mans para minimizar os riscos cos poucos medios dos que dispoñemos: sen reducións nas ratios, sen aumento de profesorado, sen aumento orzamentario...

Nos vindeiros días publicaremos nesta web o borrador do portocolo COVID adaptado ao noso centro, que será presentado ao Claustro, Consello Escolar e Inspección Educativa, así como e as instrucións para a entrada e saída dos primeiros días.

Así mesmo, a partir da semana que ven convocarémosvos as reunións de comezo de curso para informarvos dos cambios e das medidas organizativas adaptadas a nova situación.

Contamos coa vosa colaboración para que todo marche o mellor posible e non dubidedes de que o profesorado da Sobreira estará tamen para axudarvos no que precisedes e desexando recibir aos nenos con entusiasmo.

Un agarimoso saúdo para todas as familias.

 

 



page | by Dr. Radut