Skip to Content

FONDO E AXUDAS LIBROS

 

Aberto prazo de presentación de solicitudes de participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros e material escolar

ENLACE Á PAXINA EN EDU.XUNTA.ES

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21

 

Beneficiarios

- Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3o, 4o, 5o e 6o de

educación primaria (EP)

- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1o e 2o de EP, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional

primeira da orde. (Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %)

- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP

Prazo de presentación de solicitudes

Iniciarase o día 19 de maio e rematará o día 19 de xuño de 2020.

O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula.

Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

 

 

MODELO DE SOLICITUDE



page | by Dr. Radut