Videoconferencia Webex

 Habilitouse un novo servizo de videoconferencia para o ámbito docente

Co fin de facilitar a comunicación e o traballo entre o profesorado, e deste co alumnado, durante este período de continxencia, ponse á disposición da comunidade educativa un novo servizo de videoconferencia para o ámbito docente.

Está dispoñible no enderezo  https://eduxunta.webex.com

É un servizo de carácter temporal, suxeito ás capacidades das redes de comunicación, e que se manterá mentres duren as circunstancias actuais (covid-19).

No manual, publicado no apartado ”Servizos dixitais educativos” do portal espazoAbalar, recóllese toda a  información de como obter as credenciais a dito servizo, como acceder, como iniciar unha videoconferencia con máis usuarios, e como comunicarlle a ditos usuarios as distintas formas de acceso (a través de ordenador persoal ou portátil, a través de dispositivos móbiles, ou mesmo a través da liña telefónica -- só voz)

Manual do servizo de videoconferencia (PDF)

Archived in