Proceso de admisión para o curso 2017-2018
PRAZO: Dende o día 1 ata o día 20 de Marzo de 2017. O día 1 de marzo o centro permanecerá pechado polas vacacións de Entroido.
A normativa que rexe o proceso de admisión é a orde do 12 de marzo de 2013 modificada pola orde do 25 de xaneiro de 2017.
Como novidade nesta convocatoria, o proceso de admisión poderase facer telematicamente a través da aplicación Admisión Alumnado da Consellería de Educación.
No propio centro tamén se poderán recoller e entregar as solicitudes.
Poden descargar a solicitude de admisión (Anexo II) pulsando aqui.
As vacantes ofertadas para o curso 2017-2018 son as seguintes:
Educación infantil : 11 prazas
Educación primaria :
1º e 2º primaria : 9 prazas
3º e 4º primaria : 4 prazas
5º e 6º primaria : 11 prazas
A documentación que teñen que achegar coa solicitude é a seguinte:
2 fotos tamaño DNI.
Fotocopia libro de familia do alumno/a , pai, nai ou titores legais.
Fotocopia tarxeta sanitaria.
Fotocopia DNI pai,nai ou titores legais.
Fotocopia cartilla de vacinacións.
Anexo II . Importante que veña asinado polo pai, nai e titores legais.
Folla de recollida de datos do centro.
Un saúdo,
O equipo de profesorado de Nebra.