Blogue de ceip.sobrado.nebra

Comunicado da ANPA NEBRA

A ANPA Nebra informa que dispón de loteria de Nadal. Que desexe coller un décimo debe de poñerse en contacto ca directiva da ANPA.

 

MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE A CUMPLIMENTAR POLAS FAMILIAS

Estimadas familias,

deixamos a declaración responsable de autoavaliación clínica do COVID.

REUNIÓNS INFORMATIVAS INICIO DE CURSO

Estimadas familias,

en primeiro lugar a equipa de profesorado da vosa escola quere trasladarvos moito ánimo e agarinos nos difíciles tempos que estamos a pasar.

Convocámosvos a unha reunión informativa mañá martes 8 de setembro para poder explicarvos o protocolo de medidas COVID 19  de funcionamento do centro.

Estas reunións serán presenciais pero deben de seguir as seguintes normas de maneira estricta:

1ª- Só asisitirá unha persoa por unidade familiar.

Características da biblioteca

A biblioteca da escola está situada na entrada do edificio. O pasado curso realizáronse obras para poder facer uso da mesma de maneira máis cómoda e acolledora, facendo un espazo diáfano e máis iluminado que invite á lectura.

Actualmente contamos con aproximadamente 1400 fondos catalogados, entre os que se atopan libros de consulta, literatura e material audiovisual. Contamos cunha pequena mesa  para que os estudantes se poidan sentar a ler ou a consultar información de maneira tranquila (xa sexa de maneira individual ou en grupo).

LISTADO DOS LIBROS DE TEXTO - CURSO ACADÉMICO 2018/2019

 

 

1º DE PRIMARIA

 

- INGLÉS

GREAT EXPLORERS 1 CB PK ISBN 9780194507080 M.CHARRINGTON Y OTROS ED. OXFORD

GREAT EXPLORER 1 AB ISBN 9780194507011 M.CHARRINGTON Y OTROS ED.

 

- MATEMÁTICAS

MATEMÁTICAS 1 MÉTODO ABN ISBN 978-84-678-6255-3 JAIME MARTINEZ MONTERO ED. ANAYA

Inauguración-exposición da biblioteca, Día das Letras Galegas

 

 

O Día das Letras Galegas inauguramos o novo espazo da biblioteca da escola. Despois de obras, cambios e moito traballo, temos un ambiente un poquiño máis acolledor e tíñamos que celebralo. 

 

Aproveitamos a temática galega para facer unha exposición dos debuxos de Daniel Santos, ilustrador sonense que nos cedeu as súas obras e sempre nos axuda un montón. Mil gracias, Daniel! 

 

Primeiro ensinámosvos a aqueles que non puidestes vir que chula nos quedou a biblio:

Proxecto de biblioteca sobre os Beatles

 

 

Amosámosvos un pouquiño dos nosos traballos e procuras de información sobre os Beatles. Grazas ás familias polas súas aportacións!

 

Guía de lectura colaborativa cos centros do concello

 

Deixamos o enlace onde podedes consultar a guía de lectura do ano 2018 elaborada polos centros da contorna. Nela aparecen os títulos que se consideran interesantes como lectura para cada idade, tendo en conta as novidades de cada ano.

 

https://issuu.com/etikeles/docs/guia_de_lectura1

 

 

 

Fondo solidario de libros de texto

 

EXTRACTO da Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO E DOCUMENTACIÓN PARA MATRÍCULA

Publicamos a lista DEFINITIVA de alumnado admitido para o vindeiro curso 2018-2019.