Os equipos benxamíns e alevíns do colexio participaron en maio no Campionato Provincial de Voleibol quedando ambolos dous como novos CAMPIÓNS PROVINCIAIS.
NORABOA!!!!
O equipo alevín representará a provincia de Pontevedra no Campionato Autonómico a celebrar o próximo día 1 de xuño na cidade de Lugo.
No 2012 naceu a Escola de Voleibol. Participamos no Campionato Provincial con tres equipos benxamíns e un alevín e tamén organizamos cinco xornadas no Pavillón de Sárdoma. Durante o presente curso esperamos consolidar esta actividade.