“Experiencias científico –tecnolóxicas”
O pai dun alumno de infantil, Atanes ,profesor de instituto, visitounos para facer cos nenos/as do segundo ciclo unha serie de experimentos con materiais de uso común.
Construíron : UN INFLADOR DE GLOBOS AUTOMÁTICO con: unha botella de plástico, vinagre, bicarbonato, un funil e un globo.
UNHA PILA CON CUBETAS con: tubos de cobre, tubos de plástico, parafusos, vasos con auga e sal.
UNHA PILA CON LIMONS con: limóns, moedas, afialapis e fío de cobre.
UN MOTORCIÑO CON ARAME con: arame, papel de lixa, dous clips, un imán e unha pila.
Explicou moi ben , con todo detalle, e o porque deses materiais, que materia prima aportaban…
Os nenos estiveron encantados e abraiados, moi participativos e curiosos. E levaron encantados a “chuleta” coas instruccions paso a paso, para que eles mesmos poideran facelo cos seus pais, irmáns e amigos na casa.