Día de Rosalía - 23 de febreiro
Posted on Marzo 21st, 2024 by LORELAY
O 23 de febreiro coñecimos un pouco máis a obra de Rosalía de Castro da man de Luis Vallecillo e o seu espectáculo CANTAMOS CON ROSALÍA.
A través da música descubrimos novas facetas da autora, xunto a outros autores galegos como Manuel María ou Carlos Casares.
Despois de participar e cantar con todo o alumnado, Luis Vallecillo foi entrevistado por parte do alumnado de primaria. Podedes escoitar o programa en radio Xoaniña.