Skip to Content

Saída 3º, 4º e 5º de Ed. Primaria

O martes 7 de xuño, o alumnado de 3º, 4º e 5º de Ed. Primaria foron de visita ao Museo Provincial de Lugo, á Casa dos Mosaicos e por último fixeron unha parada no Parque de Rosalía de Castro para comer e rematar o día da mellor forma posible.  Pasárono xenial! 

 

Álbum: CURSO 2021/22 -> Saída 3º, 4º e 5º

Saída 6º Ed. Primaria

O 27 de maio os nenos e nenas de 6º fomos de excursión á RUTA 29 (Cospeito-Vilalba) dentro do programa "Coñece a túa provincia" da Deputación de Lugo. 

Nesta ruta visitamos a Granxa Gayoso Castro; en Cospeito, o Museo das Aves e tamén fixemos unha ruta pola Lagoa de Cospeito.  Comemos no restaurante Nova Ruta.  

Pola tarde visitamos o casco antigo de Vilalba, o Parador e o Museo Arqueolóxico. 

Día Mundial do Medio Ambiente

Esta semana celebramos o Día do Medio Ambiente, decorando un anaquiño do noso cole...

Álbum: CURSO 2021/22 -> Día Medio Ambiente

Susa Herrera

Este xoves Susa Herrera veu a cantar contos con nós, foi unha gran experiencia para todos!

Agardamos que volva axiña! 

Álbum: CURSO 2021/22 -> Susa Herrera

Saída Ed. Infantil

Este mércores o alumnado de Ed. Infantil visitou Avifauna, aínda que o tempo non nos acompañou, non impediu que desfrutasen da visita! 

Álbum: CURSO 2021/22 -> Saída Ed. Infantil

Saída ás Pallozas de San Román de Cervantes

O alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria visitaron o pasado mércores día 25 de maio ás Pallozas de San Román de Cervantes. 

Pasárono xenial!

 

Álbum: CURSO 2021/22 -> Saída 1º e 2º

Participación Proxecto Biosfera

Esta semana participamos no proxecto de cooperación "Alimentos da Biosfera.  Rede para a promoción de circuítos curtos alimentarios asociados á marca Reserva de Biosfera Españolas".  Polo que os días 1 e 2 de xuño, teremos un menú con alimentos de proximidade, favorecendo a economía da zona. 

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

CURSO 2022/2023

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

PRAZO DE SOLICITUDE do 19 de maio ao 22 de xuño.

Poderánse presentar presencialmente no centro ou telemáticamente. 

En caso de presentar a solicitude de forma presencial, podedes descargar o ANEXO I e o ANEXO II picando nos mesmos. 

Letras Galegas

Como cada 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, nesta ocasión dedicado ao poeta Florencio Delgado Gurriarán

 

Álbum: CURSO 2021/22 -> Letras Galegas

XOGADE

XOGADE fixo posible que onte participásemos nunha xornada concentración tenis de mesa "A Montaña".

Distribuir contido


 

                           

by Dr. Radut