Skip to Content

Xuño 2022

Fin de curso

Onte foi un día cargado de emocións... o alumnado desfrutou dunha xornada chea de bailes e actuacións, fixérono xenial! 

Como podedes ver, non faltou detalle, GRAZAS ao alumnado de 6º de Ed. Primaria, botarémosvos en falla!

FELIZ VERÁN A TOD@S, vémonos en setembro! 

Álbum: CURSO 2021/22 -> Fin de curso 2021/22

Reciclaxe

O alumnado de 6º de Ed. Primaria fixo actividades para que os máis pequenos tomaran conciencia da importancia de coidar o noso planeta e que mellor xeito que aprender a reciclar. 

 

Repaso 2º Ed. Primaria

O alumnado de 2º aproveitou os últimos días de clase para repasar algúns dos contidos vistos ao longo do curso. 

Álbum: AULAS ACTIVAS 2021/22 -> Repaso 2º

Proxecto Bichos 4º Educación Infantil

Estamos chegando ao remate do curso e os nenos de 3 anos damos por finalizado o noso proxecto dos bichos.

Os nosos derradeiros animaliños foros as bolboretas coas que tamén gozamos moito e aprendimos moitas cousiñas. Para despedilas fixemos estas que vos amosamos a continuación que nos quedaron ben fermosas.

 

Ademais, seguimos traballando a lóxico- matemática con todos os bichiños traballados.

 

                                

E para despedir aos bichiños nada mellor que xogar con eles na nosa ruleta e facer esta manualidade tan bonita para os nosos traballiños.

                 

 

Ruta por Becerreá

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria fixeron hoxe unha pequena parte da Vía Künig, coñecendo un pouquiño máis a nosa contorna. 

Álbum: Mobilidade sostible e segura -> Ruta por Becerreá

Concurso contos Mel de Galicia

O noso centro participou nun dos certames de contos cuxo tema principal é a Mel de Galicia. 

Concurso contos Mel de Galicia

Cidade sostible

O alumnado de 4º de Ed. Primaria creou o que para eles é unha cidade sostible, podedes ver o GRAN TRABALLO que realizaron! 

Álbum: Mobilidade sostible e segura -> Cidade sostible

Proxecto Biosfera

Esta semana participamos no proxecto de cooperación "Alimentos da Biosfera.  Rede para a promoción de circuítos curtos alimentarios asociados á marca Reserva de Biosfera Españolas".  Aquí podedes ver os menús degustados no comedor durante os días que participamos no proxecto.

Álbum: CURSO 2021/22 -> Proxecto Biosfera


 

                           

by Dr. Radut