Skip to Content

CEIP PLURILINGÜE SANTA MARÍA DO VALADOURO

                                                                                                                                                                            

 Colexio Público Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria

Teléfono: 982 828 872

 R/Deputación, 7– Ferreira

27770 Valadouro (O) Lugo   

 

                

Material Escolar Curso 2022/2023

No seguinte documento pódese consultar o material para este curso 2022/2023 así como tamén nas librarias da vila.

COMEZO DAS CLASES O 8 DE SETEMBRO

O 8 de setmbro comezan as clases e o comedor.

 

Lembrade que o 9 é festivo local polo que non haberá clase.

 

O horario do mes de setembro é: 9:30h a 14:30h sen comedor

                                                 9:30h a 15:30 con comedor e transporte

 

O alumnado de infantil entra e sae polo hall.

 

O alumnado de primaria entra e sae pola cancela.

 

RECORDO PARA O ALUMNADO DE 3º DE E.P

Como recuerdo final de este curso maravilloso de tercero, os dejo un vídeo con algunas de las experiencias que hemos vivido juntos.

GRACIAS a cada uno de vosotros y vosotras por enseñarme tanto y gracias a esas familias tan implicadas con la educación de sus hijos.

CON TODO EL CARIÑO DEL MUNDO... vuestra profe CRIS.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 22-23

COLABORADORES PARA O COMEDOR

APERTURA PRAZO COLABORADORES COMEDOR

 

Ábrese o prazo de admisión de solicitudes para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario de comedor para o curso 22/23.

 

Segundo se recolle na instrución 2/2022 as funcións de colaboración no comedor poderán ser desempeñadas por pais, nais, titores legais ou acolledores familiares do alumnado do centro que estea cursando estudos na actualidade.

 

Poden descargar e cubrir o Anexo III na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portaldireccion/sites/diredu/files/novas/files/Instrucion_2-2022_XD.pdf

ou recollelo en conserxería de 10:30 a 13:00 horas.

 

 

COMEDOR ESCOLAR 2022-2023

Xa se poden entregar as solicitudes para o comedor escolar para o vindeiro curso 2022-2023 dende o 4 ata o 11 de xullo en horario de 10:30 a 13:00 horas ou ben no buzón do colexio.

 

Deberá presentarse a autodeclaración ANEXO II que se poderá recoller en conserxería ou descargar na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portaldireccion/sites/diredu/files/novas/files...

 

 

CALCULADORA SIMULACIÓN DE PREZOS

No seguinte enlace podedes calcular a cuantía a pagar no comedor: https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

 

Recomendacións inglés

Hello!

Por aquí vos deixamos unhas recomendacións literarias para este verán! So tedes que facer click no archivo adxunto.

See you! 

 

Concerto da Escola de Música de Mondoñedo

Hoxe todo o alumnado do centro asistiu á Casa da Cultura para presenciar o concerto protagonizado polo alumnado da Escola de Música de Mondoñedo o cal disfrutaron moito e na que puideron apreciar a beleza da música tocada con diferentes instrumentos.

Doazón do alumnado de 5º á biblioteca escolar

As nenas e nenos de 5°EP doan á biblioteca do centro mapas interactivos para que todos poidan aprender de xeito divertido o relevo, os ríos, as comunidades e provincias de España.
Serán eles/as os/as que prestarán o servizo técnico durante o curso que vén para o seu coidado e mantemento. 

Gústavos?

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut