Skip to Content

CEIP PLURILINGÜE SANTA MARÍA DO VALADOURO

                                                                                                                                                                            

 Colexio Público Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria

Teléfono: 982 828 872

 R/Deputación, 7– Ferreira

27770 Valadouro (O) Lugo   

 

                

ANPA

CAXOTO CONTACONTOS

O venres 12 de novembro o alumnado de infantil acudiu á Casa da Cultura para desfrutar dun espectáculo de teatro organizado pola ANPA a mans de Felipe Díaz, Caxoto, da compañía "A  Trastenda dos  Contos". 

 

Alí agardábaos un barrendeiro que coa súa narración oral combinou artes como teatro, música en directo, expresión corporal... abordando temas tan importantes como a igualdade de xénero e de coidado ao planeta.

 

 

 

 

 

 

 

 

Preme AQUÍ se queres ver o ben que o pasaron os nenos e as nenas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VISITA DA APALPADORA

Onte recibimos a visita de Antía e André, que tras percorrer pequenos recunchos de toda Galicia, fixeron unha paradiña no noso Val para amosarnos a través dos seus contos, cantigas e cancións o valor do rural.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VISITA DE PAPÁ NOEL

Dende o claustro queremos agradecer á ANPA o seu esforzo e colaboración para que Papá Noel puidese pasar polo Valadouro a recoller as cartas dos nenos e nenas persoalmente e facerlles un pequeno adianto dos agasallos que repartirá na noite do 24 de decembro.

MAXIA POLA IGUALDADE

O venres 9 de outubro o alumnado de primaria asistiu á Casa da Cultura a unha actuación de maxia organizada pola ANPA.

A actividade tiña como finalidade potenciar e promover a igualdade e a prevención da violencia de xénero.

Os nenos e nenas disfrutaron moito e pasárono moi ben!

 Velaquí uns vídeos da actuación e unhas cantas fotiños.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut