Skip to Content

CEIP PLURILINGÜE SANTA MARÍA DO VALADOURO

                                                                                                                                                                            

 Colexio Público Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria

Teléfono: 982 828 872

 R/Deputación, 7– Ferreira

27770 Valadouro (O) Lugo   

 

                

Punto Laranxa

Xa está a disposición do alumnado o Buzón Laranxa.

Esta ferramenta permite comunicar ao centro as posibles incidencias e conflictos entre os alumnos para así evitar posibles casos de bulling ou acoso escolar.

Para enviar os vosos comentarios/denuncias tédelo dispoñible na pantalla principal, na barra lateral dereita, abaixo de todo.

Rogamos a vosa colaboración e responsabilidade nos comentarios que fagades. 

ORDES DO MECO

XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO. COMPARTIMOS CON VÓS AS INDICACIÓNS DO MECO PARA O QUE TEDES QUE TRAER CADA DÍA DA SEMANA. LEMBRADE QUE O DISFRAZ É ACUMULATIVO

CELEBRAMOS O SAMAÍN E O MAGOSTO

O martes 31 de outubro celebramos pola mañá o Samaín así que viñemos ao centro disfrazados e na que días antes estivemos recibindo as vosas vasoiras terrorificamente decoradas e pola tarde...comimos unhas ricas castañas para celebrar así o noso magosto.

 

OBRADOIRO SOBRE INSTRUMENTOS MUSICAIS

O venres 27 de outubro o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tivo a oportunidade de descubrir a evolución dos diferentes instrumentos musicais típicos da nosa terra da man de Rosa Sánchez e de Pablo Carpintero.

Un pracer que viñesen ao noso centro!

ACTUACIÓN POLA IGUALDADE

O xoves 26 de outubro puidemos presenciar a actuación de Sue Moreno para reivindicar a igualdade.

Foi todo un espectáculo podela ver!

 

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS, 25 DE OUTUBRO

O mércores 25 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas coa visita ao colexio do escritor Lionel Rexes para falarnos sobre o seu libro "Ditos e refráns do Valadouro", da metodoloxía empregrada para recuperar estes refráns que tan curiosos non resultaron.

QUE RICO ESTÁ O MEL!

O pasado mércores 11 de outubro todo o alumnado do colexio asistiu ao salón de actos da Casa da Cultura do Concello a unha charla sobre o mel na que puideron ver e escoitar cousas moi interesantes ademais de saborear este rico produto a cargo de Felipe, delegado na Mariña da Asociaición Galega de Apicultura.

Grazas Felipe por facernos partícipes do teu saber!

 

 

 

 

 

DÍAS NON LECTIVOS

Os días non lectivos son:

- Venres, 13 de outubro de 2023

- Luns, 20 de maio de 2024.

 

ESTES DÍAS NON HABERÁ CLASE.

CONCERTO DA ESCOLA DE MÚSICA DE MONDOÑEDO

O xoves 28 de setembro acudimos á Casa da Cultura do Concello para asistir a un concerto organizado pola Escola de Música de Mondoñedo o cal desfrutamos moito.

 

 

 

REUNIÓNS COAS FAMILIAS DO ALUMNADO

O vindeiro luns, 2 de outubro no comedor do colexio terán lugar as reunións coas familias do alumnado para presentar ao profesorado e a continuación subir á aula co titor/a correspondente co fin de explicar a organización do curso.

O horario das reunións é o seguinte:

- INFANTIL (4 e 5 anos): ás 16:15h

- 1º CICLO (1º e 2º de Educación Primaria): ás 16:30h

- 2º CICLO (3º e 4º Educación Primaria): ás 16:45h

- 3º CICLO (5º e 6º Educación Primaria): ás 17:00h.

Distribuir contido


by Dr. Radut