Skip to Content

CEIP PLURILINGÜE SANTA MARÍA DO VALADOURO

                                                                                                                                                                            

 Colexio Público Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria

Teléfono: 982 828 872

 R/Deputación, 7– Ferreira

27770 Valadouro (O) Lugo   

 

                

SAMAÍN 2020

Presentamos unha mostra das vosas cabazas e o traballo de infantil co outono.

Foi unha celebración atípica, dun xeito distinto pero o samaín e outono seguiron connosco e formaron parte das nosas celebracións.

LIBROS DE TEXTO 20-21

 

Aberto o prazo ata o 19 de xuño

 Fondo solidario de libros de texto e material escolar curso 2020-21

  a)    Fondo solidario de libros de texto, alumnado de  3º, 4º de edu. primaria curso 20-21

 b)    Axudas para adquirir libros de texto o alumnado de 1º e 2º de edu primaria. 20-21

 c)            c) Axudas para material escolar destinadas ao TODO  alumnado de edu.primaria  curso  20-21

 -Pode solicitarse por medios telemáticos (sede.xunta.gal  e o código de procedemento ED330B) , ou recollendo a solicitude no centro.

-Polas razóns especiais de apertura de colexios, serán citados por cursos,  día e hora,  a través de abalar móbil,para vir recoller o impreso de solicitude ao centro, así como recollida do material que lle quedou ao alumnado.

 

 HORARIO  DO CENTRO:  de 10 h    a   13 h

 PRÉGASE RESPETEN AS NORMAS SANITARIAS E DE DISTANCIAMENTO SOCIAL

 

-Pódense descargar os impresos, abrindo o adxunto seguinte:

 

Proxecto COLE DE INFANTIL

 

ORDES DO MECO

BLOG DE ACTIVIDADES DO COLEXIO

 

https://lectorinvaladouro.blogspot.com/

CELEBRACIÓNS (...día de libro)

AVENTURAS (...museos)

APRENDE A DEBUXAR

....participa!!!!

Outras formas de colaborar nesta situación de alarma

O noso centro, gracias a Biblioteca Creativa, dispón dunha impresora 3D, na cal o alumnado estábase iniciando en xornadas voluntarias con intención de dar valor aos “recunchos maker” da nosa biblio a través do deseño, impresión, robots escornabots, programación…)

En canto soubemos dun proxecto de colaboración neste eido, (https://coronavirusmakersgalicia.org/), puxemos os nosos recursos a disposición desta  organización de xente anónima e solidaria (a cal ten na zona de A Mariña un grupo de traballo), co fin de facilitar material de protección ás persoas e instituciós que o necesitan para loitar nesta pandemia do COVID-19.

Estamos imprimindo viseiras e colaborando o pouco que podemos, dentro dese grupo de compañeiros/as anónimos do movemento Maker, e podemos apreciar como nos centros sanitarios, residencias, clínicas, tendas… acoden a facer a súa gran labor diaria,  un pouco máis seguros.

TODOS/AS  PODEMOS APORTAR ALGO!!.

CENTRO SAÚDE DE FERREIRA           RESIDENCIA DE MAIORES DE FERREIRA

*Fotos cedidas e que poñemos por proximidade. Residencia e centro de saúde de Ferreira do Valadouro.

CONVOCADAS AXUDAS COMEDOR

Poderán solicitar esas axudas, tan só aquelas familias, usuarias do comedor escolar, ás q en setembro lles saira gratuito ou a pagar  1 €.

 Esas axudas consisten no aboamento por parte da Consellería, de 2,5 € ou 1,5 € por día (dos que non houbo clase polo estado de alarma), segundo ao usuario do comedor lle saira, 0 € na autodeclaración de principio de curso, ou a pagar 1 €.

 

MATRÍCULA PARA O CURSO 2020-21

 

O prazo de matrícula para o vindeiro curso 2020-21, será desde o día 2 ata o 20 de marzo (ámbolos dous inclusive).

A documentación será a contemplada na Orde de escolarización e poderá recollerse na conserxería do centro, ou a través da sede electrónica (Modelo ED550B).

 Segundo a disposición adicional terceira  do Real Decreto 463/2020 polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria provocada polo coronavirus, INTERRÓMPESE  o prazo para a presentación da documentación das matrículas para o vindeiro curso 2020-21.

O cómputo dos prazos, reiniciarase cando remate esta situación e queda sen validez o acordo con conseguintes prórrogas, si fora o caso.

Distribuir contido


by Dr. Radut