Skip to Content

CEIP PLURILINGÜE SANTA MARÍA DO VALADOURO

                                                                                                                                                                            

 Colexio Público Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria

Teléfono: 982 828 872

 R/Deputación, 7– Ferreira

27770 Valadouro (O) Lugo   

 

                

Outras formas de colaborar nesta situación de alarma

O noso centro, gracias a Biblioteca Creativa, dispón dunha impresora 3D, na cal o alumnado estábase iniciando en xornadas voluntarias con intención de dar valor aos “recunchos maker” da nosa biblio a través do deseño, impresión, robots escornabots, programación…)

En canto soubemos dun proxecto de colaboración neste eido, (https://coronavirusmakersgalicia.org/), puxemos os nosos recursos a disposición desta  organización de xente anónima e solidaria (a cal ten na zona de A Mariña un grupo de traballo), co fin de facilitar material de protección ás persoas e instituciós que o necesitan para loitar nesta pandemia do COVID-19.

Estamos imprimindo viseiras e colaborando o pouco que podemos, dentro dese grupo de compañeiros/as anónimos do movemento Maker, e podemos apreciar como nos centros sanitarios, residencias, clínicas, tendas… acoden a facer a súa gran labor diaria,  un pouco máis seguros.

TODOS/AS  PODEMOS APORTAR ALGO!!.

CENTRO SAÚDE DE FERREIRA           RESIDENCIA DE MAIORES DE FERREIRA

*Fotos cedidas e que poñemos por proximidade. Residencia e centro de saúde de Ferreira do Valadouro.



page | by Dr. Radut